Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en...

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa función teatral “As formas do amor”

- Anuncio -

A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo

A Deputación de Pontevedra leva este venres 22 de novembro a Ponteareas unha representación teatral coa que o público poderá reflexionar sobre “As formas do amor” da man da compañía Verdeveras Expresións Artísticas. Con esta actividade, que terá lugar ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo, a institución provincial pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade nos concellos da provincia.

A función, dirixida por Gena Baamonde e con texto de María Ángeles Iglesias –que tamén é unha das actrices en escena xunto a Sergio Zearreta-, presenta un deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida porque poñen todo patas para arriba. Logo dun tempo separados, talvez sexa o momento para volver atoparse por primeira vez. Trátase dunha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza á par que se reflexiona sobre iso que chamamos “amor”.

Ateneo pola Igualdade é unha iniciativa que busca situar a Deputación como un referente na promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, un recurso público especializado á disposición de toda a cidadanía da provincia, baseado na investigación e na divulgación artístico-cultural e científica con perspectiva de xénero. Trátase dun programa itinerante, cunha programación ampla e variada dividida en catro áreas: investigación (elaboración de estudos), formación (encontros, xornadas, foros, congresos e seminarios), sensibilización (campañas en asuntos como coeducación ou corresponsabilidade, ademais de ciclos culturais) e difusión (unha videoteca, presentacións, edición de libros e encontros con escritoras).

Entre as accións do programa, ademais de “As formas do amor” (que tamén chegará a Redondela o domingo 1 de decembro), están o espectáculo “A Familia Bolechas en igualdade” para alumnado de Primaria, obradoiros de sensibilización, un completo programa formativo para alumnado desde a ESO ata a FP, a posta á disposición dos concellos e centros de ensino dos materiais das campañas de sensibilización da Deputación, ademais de accións específicas coas internas do módulo de mulleres do Centro Penitenciario da Lama. Pódese consultar toda a información no sitio web da Deputación.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas