HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación pon en valor o seu catálogo editorial, que acada os...

A Deputación pon en valor o seu catálogo editorial, que acada os 600 títulos, no Día do Libro

- Anuncio -spot_img

A nova web do Servizo de Publicacións xera gran interese entre os usuarios doutras provincias, que poden mercar cun ‘clic’ obras referentes á provincia de Ourense

Arame e fío”, de Rochi Nóvoa; “Castromao”, de Francisco Fariña Busto e Luis Orero Grandal e “Barreiros. Historia completa”, de Manuel Lage, son as últimas novidades incorporadas ao catálogo da Deputación

Ata o 10 de xuño permanece aberto o prazo para o concurso da selección de obras que editará ou coeditará a institución ourensá

A Deputación de Ourense celebra o éxito da nova web do Servizo de Publicacións, que acada os 600 títulos, no Día do Libro. Esta nova ferramenta de compra online, posta en marcha hai uns meses, xera gran interese en usuarios doutras provincias que están mercando online os libros referentes á provincia de Ourense e que antes só podían comprarse de xeito físico.

A institución provincial facilitá nesta nova canle o acceso aos 600 títulos que ten editados e que reflicten a realidade ourensá no seu sentido máis amplo. Así, o repositorio permite acceder a diversas categorías, como a provincia en imaxes, personaxes de Ourense ou patrimonio, entre outras.

Entre as últimas novidades editadas pola Deputación atópanse “Arame e fío”, de Rochi Nóvoa; “Castromao”, de Francisco Fariña Busto e Luis Orero Grandal e “Barreiros. Historia completa”, de Manuel Lage.

A Deputación de Ourense, na súa aposta pola cultura, tamén mantén aberto o prazo para acceder ao concurso de selección de obras que editará ou coeditará a institución ourensá. Ata o 10 de xuño poden presentarse os traballos, cuxos requisitos están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 1 de abril de 2025 e na seguinte ligazón: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/345183

Un servizo con historia

A Deputación comezou a publicar en 1976, a través do “Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo”, cuxos fins eran realizar, promover, subvencionar e coordinar as investigacións e estudos de natureza científica, histórica, literaria e artística referida á provincia ou rexión que redundasen no prestixio e honra de Ourense e asesorar á Deputación en materia cultural.

Disolto o instituto, creouse o Servizo de Publicacións. Hoxe, existe un Negociado, dependente da Sección de Arquivo e Publicacións, desde o que a institución continúa co mesmo obxectivo, afanándose en profundar no coñecemento da provincia.

Cada ano, elaborase dende a Deputación de Ourense un Plan de publicacións e tamén se pon en marcha un concurso, para elixir as obras que se publicarán ao longo do exercicio.

Todos os títulos editados pola institución chegan de forma gratuíta á rede de bibliotecas públicas da provincia, ás máis importantes do resto de Galicia e a calquera outro punto de lectura que o solicite.

Publicacións Relacionadas