HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pon o broche de ouro a Instrumentos da Memoria. Obradoiros...

A Deputación pon o broche de ouro a Instrumentos da Memoria. Obradoiros escolares sobre a música de raíz o próximo luns en Forcarei e Silleda

- Anuncio -spot_img

A institución provincial acaba de levar este programa que promove coa Fundación Legar co gallo do Día das Letras Galegas a Bueu

Instrumentos da Memoria pretende achegar ás nenas e nenos da provincia a música de raíz, a creación musical autóctona e as tradicións

A Deputación de Pontevedra achegou esta mañá ás nenas e nenos de Bueu a música de raíz, a creación musical autóctona e as tradicións a través de Instrumentos da Memoria. Obradoiros escolares sobre a música de raíz. A actividade, que está promovida polo organismo provincial coa Fundación Legar co gallo do Día das Letras Galegas para espallar a música de raíz, a creación musical autóctona e as tradicións entre as nenas e nenos da provincia, rematará o próximo luns 19 de maio en Forcarei e Silleda.

Instrumentos da Memoria trátanse de representacións musicais didácticas, lúdicas, amenas e participativas para dar a coñecer cuestións como a historia da música galega e os instrumentos empregados nela, algúns con base na natureza e outros mesmo en ferramentas de uso cotián, así como os xéneros musicais autóctonos. O principal obxectivo da Deputación de Pontevedra con esta actividade é reflexionar sobre a creación musical e as tradicións galegas, implicando aos escolares no proceso de conservación do patrimonio cultural e musical.

Os obradoiros, que duran unha hora e cuarto, pasaron xa por Bueu, Portas, Vilanova de Arousa, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, As Neves, Fornelos de Montes e Covelo e rematarán o próximo luns, 19 de maio, en Forcarei (9:45 horas, CEIP Soutelo de Montes) e Silleda (12:30 horas, CEIP Ramón de Valenzuela, Bandeira).

Publicacións Relacionadas