Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación poñerá en marcha un programa pioneiro en España de termalismo...

A Deputación poñerá en marcha un programa pioneiro en España de termalismo contra a soidade non desexada

- Anuncio -

Esta iniciativa do goberno provincial, avanzada no Debate sobre o estado da provincia do pasado mes de novembro e que se incluirá no Programa de Termalismo Social de 2023, permitirá aos participantes acceder todas as semanas a un balneario para recibir terapias termais en grupo


O presidente da Deputación, Manuel Baltar, remarca que “esta medida apóiase en eixos chave deste goberno como o termalismo, as políticas sociais e a cooperación; e afonda na nosa capacidade de reacción ante un problema social que nos preocupa moito”


O programa de termalismo contra a soidade non desexada, destaca Manuel Baltar, “da boa conta da capacidade e axilidade da Deputación para deseñar unha iniciativa deste tipo e poñela en marcha en tan pouco tempo, ademais de realzar o excelente traballo da Área de Benestar”


Ao programa poderase acceder a través dos servizos sociais dos concellos ou do servizo provincial de teleasistencia


As terapias que se recibirán en grupos dun máximo de 20 persoas incluirán o acceso a servizos termais que se complementarán con actividades grupais que xunten a experiencia social cos beneficios da auga mineromedicinal

A Deputación de Ourense está rematando as bases reguladoras do Programa de Termalismo Social provincial de 2023, que incluirá unha modalidade única en España orientada ás persoas maiores que viven soas: o termalismo contra a soidade non desexada.


Manuel Baltar lembra que esta medida foi anunciada no Debate sobre o estado da provincia celebrado en novembro: “Unha iniciativa que será unha realidade a través deste programa, apoiada en eixos deste goberno como son o termalismo, as políticas sociais e a cooperación e que afonda na nosa capacidade de reacción ante un problema social que nos preocupa moito”.


O presidente da Deputación destaca a importancia da alianza público-privada e a colaboración cos concellos -os participantes poderán acceder ao programa a través dos servizos sociais municipais- para implementar un programa que, valora, “da boa conta da capacidade e axilidade para deseñar un programa deste tipo e poñelo en marcha en tan pouco tempo, ademais de realzar o excelente traballo da Área de Benestar”.


Terapias balnearias grupais todas as semanas durante a maior parte do ano

Este programa de termalismo contra a soidade non desexada permitirá ás persoas que participen nel acceder todas as semanas a un balneario para recibir terapias termais en grupo.


Dado o carácter medicinal dos balnearios, as dotacións de recursos humanos sociosanitarios dos que dispoñen unido ás características das instalacións que permiten recibir estes servizos de maneira colectiva, configuran aos balnearios como recursos idóneos para desenvolver un programa de loita contra a soidade non desexada.


Esta é a achega diferencial de dita modalidade ao Programa 2023, non se tratará dun acceso puntual a un balneario durante un determinado período ao ano, como a modalidade de estancias ou a de tratamentos, senón que é unha modalidade de desfrute semanal, durante todas as semanas da maior parte do ano, durante 9 meses, un día á semana.


As terapias que se recibirán en grupos dun máximo de 20 persoas incluirán o acceso a servizos termais que se complementarán con actividades grupais de diferente natureza, que xunten a experiencia social cos beneficios da auga mineromedicinal.


Acceso a través dos servizos sociais dos concellos e do servizo de teleasistencia provincial


Ao programa de termalismo contra a soidade non desexada poderase acceder a través dos servizos sociais dos concellos ou do servizo provincial de teleasistencia.


Por unha banda, a administración provincial firmará convenios de termalismo contra a soidade non desexada coas administracións locais da provincia para que estas poidan ofertar a nivel local o programa termal. Unha das posibilidades que contemplarán as bases reguladoras do programa será a posibilidade de crear quendas para un determinado concello, grupos de concellos ou mancomunidades, para que todas as prazas da quenda sexan xestionadas desde os servizos sociais da entidade local asinante do convenio. Serán, polo tanto, os servizos municipais os que avalíen a situación de soidade non desexada da persoa e a onde deban dirixirse aquelas interesadas en participar no programa.


Outra das vías de acceso ao programa será o servizo de teleasistencia provincial. Neste caso, todas as persoas maiores que viven soas e que na actualidade son beneficiarias do servizo serán informadas por vía telefónica do novo programa e terán á súa disposición un asistente a través do cal poderán xestionar a súa praza neste novo programa.


Prezos e modalidade do Programa


Aínda que se está traballando nas bases reguladoras definitivas, que contemplarán os balnearios ofertantes desta modalidade como o prezo e a subvención individual aportada pola institución provincial, o primeiro balneario que xa confirmou o seu interese é o Balneario de Cortegada, que ofertará o mesmo por un prezo arredor dos 270 euros. Sobre este, a Deputación de Ourense aplicará unha subvención de 75 euros, quedando así un prezo final de 195 euros, importe que se poderá pagar íntegro no momento de solicitar a praza ou ben realizar un pago inicial de 60 euros e posteriores pagos mensuais de 15 euros.


A soidade non desexada, un problema de saúde pública


Desde o Observatorio estatal de la soledad no deseada definen este termo como “a experiencia persoal negativa na que un individuo ten a necesidade de comunicarse con outros e percibe carencias nas súas relacións sociais, ben sexa porque ten menos relación da que lle gustaría ou porque as relacións que ten non lle ofrecen o apoio emocional que desexa”.


A soidade non desexada é un problema silencioso que afecta cada vez a máis persoas. Supón unha fonte de sufrimento e limita o dereito de participación na sociedade; ten consecuencias negativas para a saúde e o benestar, e en consecuencia provoca custos sociais e económicos. Por elo, a loita contra a soidade converteuse nun reto para as administracións e a sociedade en xeral.


Desde a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa se declarou a soidade non desexada como un problema de saúde pública debido aos seus efectos sobre a saúde das persoas, que non só se engloban no aspecto mental, como a depresión, tamén no físico, posto que pode provocar perda de mobilidade, enfermidades cardiovasculares e incluso mortalidade temperá.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas