Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

- Anuncio -

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, ofreceu un encontro co movemento asociativo e veciñal da localidade para informalo sobre as bases dos programas que impulsará esta área da Deputación de Pontevedra durante o ano 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior. O deputado provincial lembrou que “as bases xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”.

Javier Tourís sinalou a “sorpresa” do bo funcionamento dos programas impulsados o ano pasado, “malia que sabíamos que era unha necesidade e unha conta pendentes da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos”. Por iso “era unha obriga recuperación a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio, e estes programas serán unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”. O deputado sinalou novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas