HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación presenta o próximo martes no Museo de Pontevedra a película...

A Deputación presenta o próximo martes no Museo de Pontevedra a película Me has robado el corazón, unha produción con idea orixinal do pontevedrés Alberto Arruty

- Anuncio -spot_img

O organismo impulsa unha campaña en redes sociais para sortear 10 invitacións dobres entre as persoas que sigan as contas da Deputación e do Museo de Pontevedra e compartan a publicación oficial do sorteo nas súas “stories” de Instagram, mencionando @deputacionpontevedra e @museo_pontevedra

A Deputación presenta este martes 9 de decembro,  ás 19:00 horas, no Museo de Pontevedra a película Me has robado el corazón, producida por Ficción Producciones e baseada nunha idea orixinal do pontevedrés Alberto Arruty. Trátase dunha obra que se beneficiou do programa de axudas provincial Rías Baixas Acción, orientado á promoción e acompañamento de proxectos culturais e audiovisuais no territorio. A estrea en Pontevedra reforza o papel da Deputación de Pontevedra como impulsora do talento e a creación contemporáneos, consolidando ao Museo como un espazo privilexiado para o encontro coa cultura cinematográfica.

Para Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, esta presentación “é unha mostra máis de como a Deputación aposta pola que nace aquí, polo audiovisual como motor creativo e por un museo aberto á cidadanía, ao talento e ás historias que dialogan co noso tempo”. O acto contará coa presenza dos protagonistas da película, Óscar Casas, Ana Jara, Antonio Pagudo, Xurxo Carreño, Lucía Veiga e Francis Lorenzo, xunto á directora Chus Gutiérrez e parte do equipo produtor.

Co obxectivo de achegar esta experiencia ao maior número de persoas e dinamizar a participación cidadá, a Deputación activará desde hoxe unha campaña especial en redes sociais para sortear 10 invitacións dobres entre as persoas que sigan as contas do organismo provincial e do Museo e compartan a publicación oficial do sorteo nas súas “stories” de Instagram, mencionando @deputacionpontevedra e @museo_pontevedra. Esta acción permitirá reforzar a difusión da actividade cultural do Museo e ampliar a comunidade de públicos que sigue de preto a programación cultural da provincia.

Me has robado el corazón chega así a Pontevedra, tal e como subliñou Domínguez, “nun contexto de apoio institucional ao talento local e ao audiovisual, integrándose no impulso do Museo como centro cultural dinámico e na estratexia da Deputación para seguir construíndo unha provincia creativa, participativa e orgullosa das historias que nacen aquí”.

Publicacións Relacionadas