A proposta complétase coa dotación de recursos para colaboración con outras administracións, destacando convenios coa Xunta de Galicia, programas dirixidos a fortalecer sectores estratéxicos como o sector agrogandeiro ou a decidida aposta polo plan de rehabilitación de vivenda
O expediente divídese en suplementos de créditos, apartado para o que se destinan 19,1 M€ (19.135.583,09), e créditos extraordinarios con máis de 8,7 M€ (8.719.080,40), con cargo ao remanente de tesourería do pasado exercicio
Esta é a primeira modificación do ano, pois como novidade neste exercicio presentarase ao pleno de abril unha segunda modificación para cooperación cos concellos e entidades
Ourense, 16 de febreiro de 2026.
A Deputación de Ourense presentará na comisión informativa especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos, convocada para o próximo mércores, un expediente de modificación de crédito por un importe superior a 27,8 millóns de euros (27.854.663,49 €). Trátase do primeiro documento de modificación do ano, pois como novidade neste exercicio presentarase ao pleno de abril unha segunda modificación, entón centrada exclusivamente na cooperación cos concellos e entidades.
Con este primeiro expediente, o Goberno provincial reforza a actividade ordinaria das distintas áreas e servizos da Deputación que no proxecto de orzamentos de 2026 tiveron que axustar as súas necesidades para facilitar o financiamento do Plan CooperOU, dotado entón con 19 millóns de euros.
A presente modificación de crédito recolle as principais actuacións impulsadas pola Deputación en asuntos como infraestruturas viarias, medio ambiente, programas sociais, cultura e deporte, así como na promoción turística e económica do territorio.
Ademais, a proposta complétase con recursos para colaboración con outras administracións, destacando convenios coa Xunta de Galicia, programas dirixidos a fortalecer sectores estratéxicos como o sector agrogandeiro ou a decidida aposta polo plan de rehabilitación de vivenda.
O expediente divídese en suplementos de créditos, apartado para o que se destinan 19,1 M€ (19.135.583,09), e créditos extraordinarios con máis de 8,7 M€ (8.719.080,40), con cargo ao remanente de tesourería do pasado exercicio.
Máis aló da actividade ordinaria e de servizos da Deputación, entre os datos máis destacados desta primeira modificación figuran os seguintes:
· Infraestruturas
Incorpóranse máis de 5 M€ para mellora da rede viaria. Xunto cos 4,5 M€ consignados no orzamento deste ano, elévase o investimento en vías provincias ata a histórica cifra de 9,5 M€.
· Medio Ambiente
Consígnanse partidas para a recollida do lixo, melloras nas instalacións e reposición da flota adscrita a esta área, que recibe un total de 7,5 M€, dos que 5,6 M€ pertencen ao capítulo II, de gastos correntes en bens e servizos, e 1,9 M€ para investimentos reais.
· Benestar
Entre outras iniciativas da área de Benestar, prevese a dotación para diferentes programas de carácter social en colaboración con concellos, achegando 1,3 M€.
· Área de Cultura e Deporte
Inclúe recursos destinados á organización e promoción de actividades culturais e recreativas e o fomento da práctica deportiva, cun total de 1,6 M€.
Destaca o plan provincial de lectura con 350.000 €, e cómpre citar unha nova liñas de axudas, por importe de 20.000 €, dirixida a técnicos deportivos.
Este capítulo inclúe as necesidades ordinarias e actuacións de melloras nos diferentes centros culturais e deportivos.
· Emerxencias
O Consorcio provincial contra Incendios e de Salvamento (CIS) completa os seus recursos económicos con máis de 1,4 M€, que sumados á aportación de 768.000 € para os GES e Protección Civil eleva a máis de 2,2 M€ os recursos destinados nesta modificación a emerxencias.
· Inorde
Destínanse 450.000 € á dinamización e posta en valor dos recursos turísticos da provincia, ademais do cofinanciamento de proxectos con fondos europeos e accións vinculadas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino.
Ademais das cantidades destinadas a estas áreas, a modificación de crédito inclúe outras partidas destacadas para programas, plans ou actuacións, algunhas recentemente comprometidas pola Deputación, como:
· Convenio coa Xunta de Galicia para o remate das obras do Parque Acuático de Monterrei (2,4 M€).
· Convenio coa Xunta de Galicia para a mellora das prazas de abastos da provincia de Ourense (440.000 €).
· Novas axudas para agricultores e gandeiros que permitan minimizar os custes da súa actividade; potenciar a raza rubia galega na provincia; boas prácticas de silvopastoreo e pastoreo extensivo para a redución dos niveis de biomasa (350.000 €).
· Plan de rehabilitación de vivienda (1,2 M€), máis do dobre do importe do orzamento anterior.
· Cofinanciamento dos Plans de Actuación Integrados (PAI): Ourense Sur (1,5 M€) e Valdeorras (500.000 €).
· Colaboración coa UNED (200.500 €); e coa Universidade de Vigo (59.000 €).
· Programa de Fomento do Emprego, EmprendOU (150.000 €).
· Achega á sociedade Meisa, que xestiona a Estación de Montaña de Manzaneda (493.725 €).
· Museo Galego do Entroido. Axuda para a apertura provisional do centro ata o mes de xuño (50.000 €).



