HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación programa un obradoiro de capacitación tecnolóxica no marco do programa...

A Deputación programa un obradoiro de capacitación tecnolóxica no marco do programa +Reto Dixital en Vilanova de Arousa

- Anuncio -spot_img

O curso “Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA” consta de dúas sesións que terán lugar este xoves 21 e este venres 22 de agosto para unha ducia de alumnos

+Reto Dixital é un programa que busca facilitar o acceso das persoas maiores aos servizos da Administración pública e dotalas de autonomía nos trámites cotiáns adquirindo competencias dixitais coas que mellorar a súa calidade de vida

A Deputación de Pontevedra continúa a partir deste xoves 21 de agosto en Vilanova de Arousa a programación dos preto de 70 obradoiros de capacitación tecnolóxica do programa +Reto Dixital. Esta iniciativa da institución provincial ten o obxecto de formar as persoas maiores de 50 anos da provincia para facilitarlles o seu acceso aos servizos da Administración pública, dotalas de maior autonomía para xestionar os seus trámites cotiáns, e mellorar a súa calidade de vida grazas á adquisición de competencias dixitais.

Unha ducia de alumnos participarán a partir deste xoves no curso “Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA” na Aula CeMIT do Concello. O curso constará de dúas sesións, o xoves 21 e o venres 22, en horario de 9:30 a 12:00 horas. Este é un dos tres cursos que ten concedidos Vilanova de Arousa no marco do programa +Reto Dixital, aos que se lle suman “Uso da banca móbil e as compras electrónicas” e “As redes sociais”.

Participarán en +Reto Dixital, cun orzamento de 30.000 euros, un total de 23 concellos da provincia de reto demográfico. Os obradoiros xa comezaron no concello de Mondariz, A Lama, Meis e Vilanova de Arousa, e seguiranlle Pontecesures, Salceda de Caselas, Portas, Salvaterra de Miño, Rodeiro, Caldas de Reis, Silleda, Fornelos de Montes, Cerdedo-Cotobade, Vila de Cruces, Arbo, Barro, Sanxenxo, Meaño, O Rosal, Bueu, Dozón, Catoira e Ribadumia.

Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra reafirma o seu compromiso coa inclusión dixital e coa mellora da calidade de vida das persoas maiores de 50 anos nos concellos de reto demográfico. A Deputación ofertou cinco cursos (‘A Administración electrónica’, ‘A Sede electrónica da Deputación e do meu Concello’, ‘Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA’, ‘Uso da banca móbil e as compras electrónicas’ e ‘As redes sociais’) e cada un incluirá un módulo inicial sobre seguridade no uso de medios electrónicos e da Internet.

Publicacións Relacionadas