A institución provincial, a través do Inorde, sorteou entre os asistentes unha experiencia turística valorada en 250 euros
Esta iniciativa enmárcase no obxectivo estratéxico de dar a coñecer os atractivos da provincia durante todo o ano, permitindo desestacionalizar o turismo
A Deputación de Ourense divulga o Xeodestino Trevinca Valdeorras en A Coruña. Esta acción de promoción turística, realizada baixo o paraugas do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), enmárcase no programa previsto no convenio firmado coa Axencia Galega de Turismo para dar a coñecer os atractivos da provincia durante todo o ano, permitindo desestacionalizar o turismo.
O xeodestino Trevinca Valdeorras realizou no mercado gastronómico O’ Culto, en A Coruña, unha xornada de catas de viño da D.O. Valdeorras. Os asistentes, quince en cada quenda, aprenderon da experta en viños da D.O. Valdeorras, Cristina Murga, a través de catro catas gratuitas, maridadas con productos da zona.
Os asistentes ás catas entraron tamén no sorteo dunha experiencia no xeodestino Trevinca Valdeorras, valorada en 250 euros.
Ademais, e como acción complementaria para a difusión turística da zona, repartironse folletos promocionais que inclúen un QR con un formulario de participación no concurso da estancia entre as persoas que acudiron ao mercado coruñés.
Esta actividade enmárcase nos obxectivos estratéxicos de promoción do turismo interno, neste caso para xerar coñecemento de Valdeorras nun mercado de proximidade e contribuir á desestacionalización, xa que o enoturismo ofrece nesta comarca experiencias durante todo o ano.
Accións complementarias
O Inorde, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, promove outras iniciativas como o proxecto de experiencias ecosostibles no xeodestino Trevinca-Valdeorras. Trátase dunha oportunidade única para emprendedores, empresas e entidades locais da zona. O obxectivo é ofrecer asesoramento personalizado para o deseño, execución e comercialización de experiencias turísticas.