HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación promove o nomeamento de José Luis Outeiriño como fillo predilecto...

A Deputación promove o nomeamento de José Luis Outeiriño como fillo predilecto da provincia a título póstumo

- Anuncio -spot_img

O emprendedor ourensán, falecido en 2019, é presidente de honra de La Región e o fundador de La Región Internacional e Atlántico Diario, ademais de impulsor de numerosas iniciativas empresariais

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, asinou esta mañá a providencia de inicio do expediente de honra

“El é un dos ourensáns máis ilustres, un exemplo do traballo ben feito, da visión, da creatividade e do amor por este territorio”, recalca Manuel Baltar, que define a José Luis Outeiriño como un “modelo incuestionable para seguir construíndo o progreso de Ourense”

A Deputación de Ourense promove o nomeamento do empresario e emprendedor José Luis Outeiriño Rodríguez como fillo predilecto da provincia a título póstumo.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, asinou esta mañá a providencia de inicio do expediente de honra para recoñecer a “fonda pegada e influencia” de José Luis Outeiriño, histórico editor de La Región -diario do que é o seu presidente de honra-, fundador de La Región Internacional e Atlántico Diario e impulsor de numerosos proxectos empresariais.

Manuel Baltar remarca o traballo de José Luis Outeiriño en todas as súas facetas vitais e profesionais: “El é un dos ourensáns máis ilustres, un exemplo do traballo ben feito, da visión, da creatividade e do amor por este territorio. Se falamos de referencias para seguir construíndo o progreso de Ourense, José Luis Outeiriño é un modelo incuestionable”.

O presidente da Deputación recalca os numerosos fitos empresariais acadados por José Luis Outeiriño, con proxectos da potencia de La Región Internacional, “o maior e mellor vehículo posible para a nosa emigración, ao que converteu nunha referencia mundial dentro dunha aposta que, con perspectiva, sirve tamén para reivindicar todo o que debemos aos centos de miles de ourensáns e galegos que emigraron, nun gran esforzo colectivo co que axudaron a construír a Ourense e a Galicia moderna”.

“Isto é Ourense”, sinala Manuel Baltar, “e sempre, cada día, teremos moi presente o enorme legado de José Luis Outeiriño”.

Un empresario global pegado a Ourense

José Luis Outeiriño Rodríguez (1935-2019) é un dos referentes do empresariado galego e español no século XX. Defensor da importancia do xornalismo local para o progreso dos territorios, na súa carreira sumou achegas absolutamente referenciais á comunicación como a fundación de La Región Internacional -que chegou a sumar 300.000 lectores, sendo o xornal español con maior difusión no exterior- e Atlántico Diario, ademais de traballar dun xeito continuo pola modernización de La Región, cabeceira á que mantivo na vangarda do panorama mediático español con fitos como a informatización do xornal nos anos 80 ou a instalación de rotativas de última xeración.

Exemplo de ourensanía, José Luis Outeiriño sempre apostou pola dinamización da provincia, impulsando iniciativas como a estación de montaña de Manzaneda, que hoxe leva o seu nome. A vida de Outeiriño está marcada polo seu profundo sentimento ourensán, que o levou a promover, apoiar e respaldar numerosos proxectos cunha visión integral dos negocios tamén trasladada fóra das fronteiras ourensáns, desenrolando innovadores proxectos como Imagen Press, a Axencia Galega de Noticias (AGN), Radio Minuto ou Ferrol Diario.

José Luis Outeiriño foi vicepresidente da Agrupación de Editores de Diarios Españoles (AEDE) e sumou, entre outras distincións á súa traxectoria profesional, a Medalla Castelao e a Medalla de Plata de Galicia, recoñecendo o seu traballo a prol de Ourense e da emigración ourensá e galega.

Publicacións Relacionadas