Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación ratifica o compromiso coa D.O Ribeiro e a colaboración co...

A Deputación ratifica o compromiso coa D.O Ribeiro e a colaboración co sector vitivinícola como un “área estratéxica” para a provincia

- Anuncio -

Luis Menor reuniuse con membros do Consello Regulador para estudar liñas de cooperación, que se unen ás axudas que a institución ofrece ás denominacións de orixe da provincia

A cooperación da institución ourensá permite obter información actualizada das máis de 7.000 parcelas que conforman a D.O

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación á presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concepción Iglesias Pousa, acompañada polo vicepresidente e secretario do organismo, Carlos Basalo e Luis Manuel Vázquez, respectivamente.

Luis Menor puxo en valor o proxecto de dixitalización do rexistro vitivinícola na D.O Ribeiro, unha iniciativa que recibiu a axuda da Deputación e que resulta “estratéxica para o desenvolvemento da actividade nesta histórica zona”, dixo o presidente. Grazas a esta colaboración, o Consello Regulador pode obter información actualizada das máis de 7.000 parcelas que conforman a denominación de orixe.

Por outra banda, tratáronse accións de promoción realizadas ata agora en cooperación coa Deputación e que obtiveron, en palabras de Menor, “extraordinario éxito”.

A Deputación non só aposta por esta denominación de orixe, senón polo resto das existentes na provincia, tendo en conta que o sector do viño é, dixo Menor, “un área estratéxica” para o noso territorio.

Compromiso coas D.O da provincia

O presidente provincial ratificou así o compromiso de cooperación ininterrompida da Deputación coas denominacións de orixe vinícolas da provincia.

Neste sentido, a institución ourensá colabora con asiduidade en axudas para a promoción dos viños, especialmente en mercados internacionais, e noutras actividades de difusión e de organización dos viños de Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra.

No actual mandato, a Deputación colaborou con axudas por valor de máis de 200.000 euros na promoción do sector do viño na provincia.

Relacionadas

A Xunta reforza no Polo do Carballiño as estratexias colaborativas de emprendemento, avogando pola...

0
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na xornada ‘Dinamización do ecosistema emprendedor’, que reuniu a diferentes axentes do...

Concello, asociación de construtores e os colexios de arquitectos e arquitectos técnicos constitúen a...

0
O acordo busca fomentar  a colaboración entre o sector público e o privado e servir como espazo de comunicación e análise Esta mañá no Concello...

A Xunta de Goberno Local aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de...

A concelleira de Educación visitou a actividade, na que participan máis de 900 nenos...

0
Milú e o edificio das persoas extraordinarias é unha fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor A Concellería de...

O presidente da Deputación, Luis Menor, presenta a primeira Oficina Termal AVE de España...

0
A Oficina Termal AVE, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, será un espazo con referencias visuais e sonoras...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

Publicacións Relacionadas