HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación reafirma o compromiso coa 31ª edición da MITEU como “un...

A Deputación reafirma o compromiso coa 31ª edición da MITEU como “un dereito fundamental de acceso á Cultura”

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, destacou que esta edición “de madurez” consolida a Ourense “como un referente internacional das artes escénicas”

A Mostra Internacional de Teatro Universitario celebrarase do 23 de abril ao 8 de maio e contará con 20 espectáculos e a participación de 233 artistas

O Teatro Principal da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a presentación oficial da 31ª Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), un evento que durante máis de tres décadas posicionou á cidade e á provincia no mapa cultural internacional. No acto participaron César Fernández, vicepresidente da Deputación; Sandra Quintas, directora territorial da Xunta de Galicia; Fernando Dacosta, director da MITEU; o vicerreitor do Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo e o presidente do Liceo, José Luis Troitiña, así como a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

A MITEU 2026 arrancará o vindeiro 23 de abril coa Mostra Interactiva de Danzas do Mundo e concluirá o 8 de maio coa clausura a cargo de Maricastaña, o grupo de teatro da Aula de Ourense.

Durante a súa intervención, César Fernández cualificou esta 31ª edición como a da “madurez”, subliñando que para a institución provincial o apoio á MITEU vai máis alá do patrocinio: “Dende a Deputación entendemos que as institucións deben estar á altura para facilitar un dereito fundamental: o acceso á cultura”. Fernández destacou a importancia da cooperación entre entidades para unir esforzos e facer posible un cartel tan ambicioso.

O director da mostra, Fernando Dacosta, amosouse emocionado polo fito de acadar as 31 edicións, agradecendo especificamente o apoio da Deputación e do Liceo por ceder os espazos.

A 31ª MITEU a organización confirmou a participación de grupos de Palestina, Perú e Portugal, cun programa que inclúe 20 espectáculos de teatro e danza; 233 participantes entre actores, directores e técnicos; e actividades paralelas.

Publicacións Relacionadas