HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación reafirma o seu apoio á Gala contra o Cancro para...

A Deputación reafirma o seu apoio á Gala contra o Cancro para facilitar un décimo aniversario “icónico e simbólico”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse cos organizadores do evento, David Rodríguez e José Gayoso

A institución provincial colaborará en aspectos organizativos e económicos desta actividade benéfica

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirma o seu apoio á Gala contra o Cancro para a celebración do décimo aniversario desta actividade benéfica en Ourense. Así llo trasladou nun encontro de traballo aos organizadores da gala, David Rodríguez e José Gayoso.

Menor valora como “frutífera” a reunión, enmarcada nos encontros de traballo que o presidente mantén no Pazo Provincial con representantes de entidades e colectivos da provincia. Tras coñecer os plans dos organizadores para este décimo aniversario, o presidente da Deputación valorou como “salto cualitativo e cuantitativo” o que se vai lograr para conmemorar unha data simbólica, xa que a gala cumpre dez anos.

O presidente provincial reafirmou o apoio da Deputación a este evento solidario, tanto en aspectos organizativos como económicos, para contribuír, dixo Menor, a que “este décimo aniversario sexa icónico e simbólico”.

Tamén puxo en valor o significado desta gala para a cidadanía ourensá, xa que se trata dun dos eventos sociais e solidarios de referencia no calendario. Organizado pola Asociación Cultural As Canellas, a través de Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC), a iniciativa enche cada ano o Auditorio Municipal de Ourense para recadar fondos para o cancro. Música, humor, danza e outros espectáculos forman parte da programación habitual. 

Publicacións Relacionadas