HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación recibe a Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira ás portas...

A Deputación recibe a Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira ás portas da inauguración de Dezarte 2025

- Anuncio -spot_img

O deputado de Cultura, Jorge Cubela, entregou á presidenta do colectivo, Dolores Sangiao, o catálogo da exposición cultural deste ano, impreso pola institución provincial

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, recibiu este venres no Pazo provincial a presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira (Silleda), Dolores Sangiao, para facerlle entrega do catálogo da exposición artística Dezarte 2025, co que a institución provincial colaborou coa impresión de 250 exemplares. “Para nós é un orgullo colaborar coa Asociación Cultural Vista Alegre por ese labor de visibilización que fan dos artistas da zona”, sinalou Jorge Cubela, que puxo en valor o feito de que “neste 2025 en Dezarte acadastes a maior cifra en participación nos seus oito anos de historia, o cal amosa que na comarca de Deza e na provincia de Pontevedra temos moito que ofrecer no eido das artes plásticas, xa que somos unha terra de cultura, de arte, de talento e de creatividade”.

A Mostra de Artes Plásticas da Comarca de Deza, Dezarte, chega este 2025 á súa oitava edición como un evento consolidado para a exhibición de obras artísticas de creadores da comarca de Deza. A exposición estará dispoñible entre o 12 de maio e o 9 de xuño e nela poderase atopar unha selección de obras pictóricas ou escultóricas, entre outras disciplinas, de 28 artistas tanto noveis como afeccionados e profesionais da comarca de Deza. O cartel deste ano é autoría de Carlos Santos.

O deputado provincial reiterou o compromiso da Deputación con esta iniciativa –que se inaugurará este luns 12 de maio no Centro Cultural Vista Alegre e contará con representación da institución provincial–, co fomento da cultura en todas as súas disciplinas e a todos os niveis, e tamén co tecido asociativo e veciñal da provincia. O acto inaugural será o inicio das actividades incluídas na Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Vista Alegre da Bandeira.

Publicacións Relacionadas