O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha promoción de estudantes do Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol, con sede en Bos Aires (Arxentina). A visita á Deputación de Ourense enmárcase na viaxe de estudos que estes alumnos de Bacharelato realizan a Galicia durante o mes de setembro.
César Fernández agradeceu ao alumnado e aos profesores o seu interese por coñecer as instalacións da Deputación de Ourense e convidounos a desfrutar da provincia e de toda Galicia nesta viaxe de estudos.
O Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol amosou o seu agradecemento pola “hospitalidade” na visita ao Pazo Provincial, que para este centro educativo é xa “toda unha tradición”.