HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo...

A Deputación reforza a súa cooperación co grupo folclórico Lembranza Solpor, colectivo con preto de medio século de historia

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor o labor deste colectivo, logo de repasar coa directiva toda a súa actividade, sinalando que a institución reforzará a axuda na medidas das súas posibilidades

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial coa directiva do grupo folclórico Lembranza Solpor, dentro da rolda de contactos que está a desenvolver con diferentes colectivos e asociacións de toda a provincia.

O encontro serviu para analizar polo miúdo o labor e as actividades que desenvolve este grupo, destacando Menor os seus 45 anos de historia “e que forma a máis de 80 persoas a través da súa escola de gaita”. Precisamente, tras coñecer as súas necesidades, o presidente provincial sinalou o compromiso da institución provincial de reforzar a axuda a este colectivo, dentro das posibilidades da Deputación, co obxectivo de que poidan continuar coas súas actividades.

Publicacións Relacionadas