Home Terra de Celanova A Merca A Deputación reforzará a colaboración co Concello da Merca en materia de...

A Deputación reforzará a colaboración co Concello da Merca en materia de prevención de incendios forestais e patrimonio

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde da Merca, José Manuel Garrido

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo no Pazo Provincial co rexedor do Concello da Merca, José Manuel Garrido, para facer un repaso da situación do concello e dos proxectos que están en marcha, así como para avanzar novas liñas de colaboración entre ambas administracións.

Manuel Baltar confirmou o apoio a dúas iniciativas presentadas polo alcalde da Merca. Por unha banda, o Concello solicitou un tractor de roza para a prevención de incendios forestais, apoiándose no convenio asinado pola Deputación de Ourense -a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes. Ademais, o goberno provincial tamén colaborará co Bispado de Ourense na reparación do muro da igrexa románica de San Pedro da Mezquita.

O presidente da Deputación de Ourense resalta o “excelente traballo realizado a prol da Merca por parte de José Manuel Garrido e todo o seu equipo”, e pondera a importancia destas xuntanzas de traballo para “coñecer de primeira man as necesidades dos concellos e os seus veciños, e poñer toda a maquinaria da administración provincial a súa disposición”.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

Luis López felicita ao piloto Yago Martínez por gañar a Dacia Sandero Eco Cup...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibe no Pazo provincial ao prometedor piloto de Salvaterra pola súa vitoria nesta categoría do campionato...

O BNG alerta dun megaparque eólico de 24 muíños e 124 megawatios que vai...

0
O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou hoxe unha batería de iniciativas parlamentares nas que demanda á Xunta que faga valer as súas competencias e...

A Deputación e FADEAL levan esta semana as xornadas de concienciación sobre o alzhéimer...

0
O obxectivo desta iniciativa, para a que a institución provincial achega 15.000 euros, é organizar sesións informativas en todos os concellos da provincia As xornadas...

A Deputación leva este mércores o circuíto +Escénicas ata Tui con “Wombo Combo” Galeatro

0
A peza teatral, para público escolar, poderá verse ás 12:00 horas no Teatro Municipal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000...

Publicacións Relacionadas