Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os viaxeiros que collan o AVE en Chamartín con destino á Estación Empalme

- Anuncio -

Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade como medio para que os habitantes de Madrid podan visitarnos máis fácilmente

O presidente provincial, Luis Menor, recalca que “con esta obra achegamos un pouco máis a nosa provincia a un público potencial de 7 millóns de persoas que están a pouco máis de dúas horas”

Todos os viaxeiros que mañá collan o AVE na estación madrileña de Chamartín cara a Estación Empalme recibirán como agasallo un exemplar do libro “Ourense, muy cerca”, do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, nunha campaña de promoción da provincia e da capital deseñada pola Deputación ourensá, que pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade como medio para que os habitantes de Madrid podan visitarnos máis fácilmente.

Co gallo do Día do Libro, esta acción pretende “achegar un pouco máis a nosa provincia a un público potencial de 7 millóns de persoas que están a pouco máis de dúas horas en tren”, explica o presidente provincial, Luis Menor.

A Deputación, propietaria da primeira edición do volume, enviou a Renfe 750 exemplares do libro, entregados por Luis Menor nunha recente viaxe a Madrid aos responsables de Renfe Viaxeiros, Javier Pérez; de Relacións Institucionais, Sergio Bueno; e ao director comercial da Xerencia Norte, Francisco Meleo.

“Ourense, muy cerca”, presentado o pasado día 15 de abril na Casa de Galicia en Madrid, incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación, ademais das fotografías de Mani Moretón nas cubertas, con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera Ourense.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas