Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación reivindica na Illa de Medal o talento creativo feminino cun...

A Deputación reivindica na Illa de Medal o talento creativo feminino cun espectáculo poético musical a cargo de Eva Veiga

- Anuncio -

A deputada María Ortega presentou xunto á autora o segundo libro da Colección Medal, a serie da editorial provincial escrita só por mulleres

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe na Illa de Medal o segundo exemplar da Colección Medal da editorial provincial, o libro ‘Auga Nómade’ escrito pola poeta Eva Veiga. E fíxoo cun espectáculo musical e poético no que a sensibilidade, tenrura e humanidade da autora crearon un ambiente idílico coa declamación dunha selección de pezas da súa antoloxía e doutros de nova creación.

Segundo explicou a deputada María Ortega, a Colección Medal, unha serie que só publicará obras de mulleres, fíxose dende a editorial provincial para compensar a grande presenza de homes noutras publicacións e coleccións como Cíes ou Tambo. Tamén sinalou que a elección da Illa de Medal para tomar o nome da serie e celebrar o acto foi totalmente simbólica.

O illote, destacou, foi historicamente un lugar de recitais e conversas literarias de homes como Castelao, Laxeiro, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas, e “é preciso resarcir ás mulleres por teren estado excluídas tanto tempo”, dixo. “Queremos encher de presencia feminina este lugar onde tantos recitais e faladoiros se teñen organizado sen contar coas mulleres, e reivindicar o seu potencial creativo. Hoxe estamos a ocupar un espazo que nos corresponde por talento cunha muller excepcional como Eva Veiga e remediar en parte esa descompensación ”, salientou.

A nacionalista destacou que Veiga foi seleccionada polo coordinador da Colección Medal, Antón Sobral, para protagonizar o segundo exemplar da iniciativa por ser unha das poetas máis destacadas do panorama actual galego, cunha grande traxectoria, e pola excelencia da súa obra. “É unha grande comunicadora que destila humanidade, sensibilidade e humildade nos seus escritos”, dixo, subliñando que a súa poesía se define tanto pola emoción e tenrura como pola súa elaboración, “amosando un grande dominio da lingua galega que, sen ser rebuscada como acontece noutras poesías, chega directa ao corazón”.

Ortega agradeceu á autora o grande espectáculo realizado ante o público presente, unha fusión de música e poesía acompañada dos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares (grupo Ouriol), no que fixo un repaso de creacións xa coñecidas e de poemas de nova escrita cun ritmo engaiolante e hipnótico.
A auga, protagonista
A auga foi elemento central do acto. Eva Veiga destacou que dende a súa infancia no Parque do Eume viu como o río do mesmo nome se disolvía no mal. “Somos auga como todo o que acontece, pero cambiamos, estamos en proceso, somos nómadas” dixo, facendo referencia ao título do seu libro.

Ela mesma subliñou que o seu primeiro contacto coa poesía foi ben temperá, cando contaba con apenas catro anos de idade e asistía á escola unitaria de Ombre (Pontedeume). Entón a súa mestra leu un poema sobre a metamorfose dunha eiruga en bolboreta, que a deixou abraiada polo corpo físico e a sonoridade das palabras, chegando á casa dicindo que quería ser poeta. Dende entón comezou a escribir versos para amigas, compañeiras e familiares, segundo ela “como maneira de agradar e facerse querida”, e fixo da poesía despois, xa con máis idade, “un mundo terapéutico nas horas baixas” e “un ámbito fundamental na miña existencia que nunca me ten abandonado”.

Dende o ano 2000 realiza recitais multidisciplinares xunto co seu grupo. “Sempre me preguntan por que me apaixoa recitar. Pode ser que para revivir aquel primeiro día na escola, cando a realidade da poesía era máis intensa que o que tocamos”, dixo, para dar lugar a un espectáculo que segundo ela misma, tivo un escenario inmellorable ao estar nunha illa, rodeada do mar.

Poeta e xornalista, Eva Veiga atesoura diversos premios en ámbolos dous campos. Entre as súas obras están ‘Fuxidíos’, ‘Paisaxes do baleiro’, ‘A luz e as súas cicatrices’, ‘Desconcerto’, ‘A frecha azul do teixo’, ‘Nesta hora imposible’, ‘ A distancia do tambor’, ‘Soño e vértice’, ‘Silencio Percutido’ e ‘Quérote tanto’.

Relacionadas

As historias das monxas de Santa Clara, protagonistas da quinta charla do ciclo de...

0
O coordinador do estudo histórico sobre a orde en Pontevedra, quen sacou á luz a rebelión das clarisas fronte aos franciscanos no XVIII, expón...

A Deputación lanza “Cambiemos o Conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de...

0
O certame, enmarcado no Manifesto de Soutomaior, premiará aos mellores relatos da ESO, Bacharelato, FP Básica ou Grao Medio que partan da denuncia do...

A Biblioteca Municipal de Nigrán estreará este luns o horario ampliado da sala de...

0
Será a primeira da comarca, xunto a Vigo, en contar cun horario nocturno en datas de especial necesidade para o alumnado, pechando ás portas...

Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’

0
É, xunto a Chantada e Allariz, un dos únicos concellos en obter o maior distintivo As intervencións nas rotondas ao abeiro do Cultivando Paisaxes e...

Dura derrota do Sárdoma ante o CE Europa

0
O conxunto vigués encaixou catro goles do seu rival, que non deu opcións ás de David Ferreiro O Sárdoma de Vigo encaixou unha dura derrota...

A Deputación cooperará co Concello do Irixo en proxectos de emprendemento e o reforzo...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas...

Publicacións Relacionadas