Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación renova o programa Voando nas Rías Baixas, con sete rutas...

A Deputación renova o programa Voando nas Rías Baixas, con sete rutas ornitolóxicas durante o ano 2025

- Anuncio -

Da man de SEO/BirdLife, as actividades comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán e, como novidade, inclúese unha nova ruta pola costa sur da Ría de Arousa

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa Voando nas Rías Baixas. En colaboración coa asociación SEO/BirdLife, organizaranse durante este ano un total de sete rutas ornitolóxicas para sensibilizar a poboación sobre os recursos culturais e naturais da provincia de Pontevedra e a importancia de conservar o medio natural. Este ano, como novidade, incorpórase unha nova ruta, a da costa sur da Ría de Arousa, e volven os percorridos das Brañas de Xestoso e o Esteiro do río Miño, que non se realizaron na edición de 2024 do programa pero si en anteriores.

O calendario de actividades de Voando nas Rías Baixas en 2025 comezará o próximo 2 de febreiro en Nigrán, na foz da Ramallosa e Praia América. As inscricións para a estrea deste ano abrirán en dúas semanas, o luns 20 de xaneiro. A seguinte será precisamente a novidade deste ano, a ruta da costa sur da ría de Arousa (Cambados e Vilanova de Arousa), que se celebrará o 9 de marzo. En terceiro lugar, as Brañas de Xestoso (Forcarei e Silleda), o 25 de maio, e posteriormente a ruta da praia da Lanzada (O Grove e Sanxenxo) o 22 de xuño.

O 28 de setembro celebrarase a ruta dos campos e lagoas de Rouxique (Sanxenxo), que irá seguida da do esteiro do río Lérez e a Intermareal Combarro-Lourido (Poio e Pontevedra), o 9 de novembro, e en último lugar a ruta da enseada de San Simón (Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa), pechando o calendario da edición o 14 de decembro.

Igual ca en edicións anteriores, ofértanse 25 prazas por actividade a persoa solicitante poderá inscribirse xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición unha guía de aves, prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de 2,2M€ da...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Enrique Cabaleiro no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela cedidas pola...

0
- José Luis Poñeiro e Pili Pazó, acompañados polo seu neto David, cederon ao Arquivo audiovisual do Concello unha trintena de fotografías da súa...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a...

0
O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira...

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

0
A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai...

A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que...

0
A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do...

Publicacións Relacionadas