Un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia resultaron beneficiados das dúas liñas incluídas na convocatoria, que mobilizou un total de 650.000 €
A Deputación de Pontevedra destina este ano preto de 38.000 euros para 25 clubs da comarca do Morrazo no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol. Nesta convocatoria dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia), cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarios 564 clubs de 59 concellos da provincia.
En Bueu, recibiron 8.848,33 € cinco clubs: o Club Ciclista Bueu, o Club Deportivo Bueu, o Club Deportivo Galaicas, a Escola de Fútbol Base de Beluso e, en Preferente Galicia, o Club Cultural Deportivo Beluso. No caso de Cangas do Morrazo, resultaron beneficiarios un total de dez clubs, cunha achega total de 12.513,82 euros: a Asociación Galega de Billar-Pool, o Club Ánfora de Patinaxe Artística, o Club de Billar Pooleros do Morrazo, o Club de Fútbol Cruceiro, o Club de Tenis de Cangas Cluteca, o Clube de Loita do Morrazo, o Club Rápido Bahía de Aldán, o Club Voleibol Maniotas, a Escola Fútbol Base Cangas e a Peña Ciclista Bike ou Non Vai.
Por último, en Moaña son outros dez os clubs beneficiarios, cunha achega total de 16.541,75 euros: a Asociación de Cazadores de Moaña, o Balonmán Samertolameu, o Club de Atletismo Samertolameu, o Club de Taekwondo Hebe, o Clube Balonmán Moaña, o Club Taekwondo Patiño-Moaña, o Domaio Fútbol Club, a Escola Futsal Morrazo, o THC Bike e, na liña Preferente Galicia, o Club Deportivo Moaña.
Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.