Un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia resultaron beneficiados das dúas liñas incluídas na actual edición, que mobilizou un total de 650.000 €
A Deputación de Pontevedra destina este ano preto de 160.000 euros a 136 clubs da cidade de Vigo no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol. Trátase do 25% dos recursos mobilizados no marco desta convocatoria que está dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia), cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, e da que resultaron beneficiarios un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia.
Na categoría de fútbol, a Deputación destina recursos á Agrupación Deportiva Monte Castrelo, o Arenas de Alcabra Sociedade Cultural Deportiva, a Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares (tamén en xadrez), a Asociación deportiva Lavadores CF, o Cabral FC, o Celta Academy, o Club Atlético Huracán de Zamáns, o Club Colexio Fogar San Roque, o Club de Fútbol San Esteban, o Club de Fútbol San Miguel, o Club Deportivo Areosa, o Club Deportivo Coia, o Club Deportivo A Guía de Vigo, o Club Deportivo Nieto, o Club Deportivo Sampaio, o Club Deportivo Teis, o Club Maristas El Pilar, o Club Peñasco, o Club Polideportivo Alertanavia, o Club San Roque Casablanca, o Independiente Fútbol Club, o Modelo Club Fútbol, o Racing de Castrelos, a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida, o Unión Lavadores, a Unión Deportiva Comesaña, a Unión Deportiva Santa Mariña de Vigo e a Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán.
En fútbol sala resultaron beneficiarios a Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns, o Club Cios Vigo, o Club Deportivo A.P.A.Z. Fútbol Sala, o Club Deportivo Colexio Mariano, o Club Labor, o Kompite, o Pecheches F.S. e o Treboada FC San Salvador, e en fútbol gaélico o Estibadores Fútbol Gaélico Vigo e o Club Lavandeiras de San Simón.
Na categoría de petanca recibirán recursos provinciais a Agrupación Deportiva Candeán Vixiador, a Asociación Cultural e Deportiva Xestas, o Club A Toxeira, o Club Carapucha, o Club O Panasco, o Club Petanca Bembrive, o Club Petanca Asociación Veciños de Sampaio, o Club Petanca Breogán, o Club Petanca Cabral, o Club Petanca Ensino, o Club Petanca Florida, o Club Petanca Galaicos, o Club Petanca Galicia, o Club Petanca Madroa, o Club Petanca Outeiro, o Club Petanca Salgueira, o Club Petanca Victoria, o Club Petanca Vigo, o Club Petanca O Foro, o Club Sabajanes, a Sociedade Cultural Recreativa de Pardavil.
Na categoría de ciclismo resultaron beneficiados o +Enduro MTB, o STH Pine MTB Team, o Club Ciclista Rodovigo, o Club Ciclista Teis, o Club Komanche, o Club Peña Cicloturista Travesas, o Club Vigo Enduro MTB e o Telmo Peluqueros FC. Na de taekwondo recibirán recursos o A.D. Centro Budo-Castrelos, o AS Sport Vigo, o Club de Taekwondo Kae Sport, a Escuela Kiap, o Sares-TKO Cangas e o Yidam-CEIP Balaídos. Nas categorías de loita, resultaron beneficiarios o Club Kuzushi (loita), o Arte Suave España (loita grappling), Club de Loita Ciudad de Vigo (loita olímpica), Club de Loita O Castro (loita olímpica) e o Club San Ignacio de Loita (loita olímpica). Ademais, o Club Helenos recibe recursos na categoría de karate e o Judo Club Galicia Sur na de judo.
En balonmán, os recursos recaeron no Club Balonmán Seis do Nadal-Coia e, en balonmán praia, ao Club Balonmán Praia Painkillers, o Lavadores Petanca e o Veteranas de Balonmán. En billar, os beneficiarios son o Club Billaristas Errantes e o Club de Billar Manhattan. Na categoría de baloncesto, os beneficiarios son o Basquet Rías Baixas, o Club Baloncesto Salesianos, o San José de Cluny e o Club San José da Guía. En bádminton, os recursos recaen no Club Bádminton Cíes e o Club Bádminton Los Sauces, mentres que en bolo celta resultaron beneficiarios o Club Bolos Valadares San Bartolomé e o Club de Bolos Celtas de Valadares. En atletismo, o Club de Atletismo Veteranos de Samil, a S.D. Atletismo San Miguel, o Club Deportivo C.S.C.R. de Beade e o Comesaña Sporting Club recibirán recursos da Deputación, mentres que nas categorías de tenis e pádel os beneficiarios son o Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo, o Club de Campo de Vigo (tenis), o Club Deportivo Pádel Feminino Cíes, o Clube Deportivo Win Padel 2024 e o Vigopadel.
Na categoría de montañismo, recibirán achegas o Clube de Montaña Xistra, o Club Montañeiros Celtas, o Club Pena Trevinca Montañeiros de Galicia e o GMTA&Chuvoners, mentres que na de patinaxe artística o farán o Club Indalo, o Club Patinaxe Artística Valadares, a Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo e o Club Patín Vagalume. Na modalidade de natación, o Club Natación Rías Baixas e o Club Natacións Travesas recibirán recursos provinciais, ao igual que o Club Squash Ría de Vigo, o Squash Rías Baixas e o Club Vigo Squash na súa categoría. Tamén resultaron beneficiarios os clubs de hípica Equipo Ecuestre D.V. e o Establos Vigo, así como os de boxeo Flow Combat e Rebouras Team.
Tamén recibirán recursos o Balto Mushing Team (mushing), o Club Colombofilo Palomas Mensajeras de Vigo (colombofilia), o Club de Esgrima Cidade de Vigo e a Sala Viguesa de Esgrima Antiga (esgrima), o Club Deportivo Celta Patín (patinaxe de velocidade), o Club Deportivo Minauta (motonáutica adaptada), o Club Deportivo Sagabox (boxeo), o Club de Baile Deportivo e de Competición Baila Al Compás (baile deportivo), o Club Independiente (grappling e MMA), o Club Deportivo Aspanaex (deporte adaptado), o Club Sieiro Acrobacia Vigo (ximnasia de trampolín), o Black Voley Vigo (voleibol), o Club Moita Escama (pesca e casting), o Vigo Rugby Club (rugby), o Límite 200 Bowling Club (bowling) e a S.D. de Cazadores San Cipriano (caza).
Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.

