Un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia resultaron beneficiados das dúas liñas incluídas na convocatoria, que mobilizou un total de 650.000 €
A Deputación de Pontevedra destina este ano máis de 110.000 euros para 95 clubs da contorna de Pontevedra no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol. Nesta convocatoria dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia), cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarios 564 clubs de 59 concellos da provincia.
Só na cidade de Pontevedra 39 clubs recibiron estas axudas provinciais, con recursos que ascenden aos 53.552,05 euros: a Agrupación Cultural Deportiva A Seca, a Agrupación Deportiva Sagrado Corazón, a Agrupación Xuvenil de Lérez, a Asociación de Boxeo de Pontevedra, a Asociación Xuvenil Deportiva Verdugo, BVB, o CAB Pontevedra, Campañó Sociedade Deportiva, o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, o Cerponzóns CF, o Club Balonmán Praia PTV Handstrand, o Club Colombofilo Ría de Pontevedra, o Club Deportivo Baloncesto Estudiantes Pontevedra, o Club de Taekwondo MACE Sport, o Club de Tiro Río Lérez ou o Club de Ximnasia Pontevedra.
Tamén en Pontevedra, reciben recursos o Clube de Loita Pontevedra, o Clube Polideportivo Juan XXIII, o Club Galaico Sincro, o Club Marcón Atlético, o Club Méndez Núñez, o Club Natación Artística Pontefénix, o Club Pesca Deportiva Cíes, o Club Pontus Veteris, o Club Rítmica Salnés, o Club Unión Sampaio, o Club Vóleibol Pontevedra, a Escola de Xadrez de Pontevedra, a Escudería Pontevedra 1984 Team, o Figueirido Club de Fútbol, o Interpontevedra F.S., a Peña Cultural e Deportiva Blanco y Negro, o Poio Bar Monterrei, o Pontevedra Rugby Club, Rayovedra, Salgueiriños Club de Fútbol, Sociedade Cultural Deportiva Salcedo, Sociedad Deportiva Monteporreiro e The Paws by Patas.
No caso de Marín, son 11 os clubs que recibirán un total de 13.090,71 €: o Club Deportivo A Peña L.P., o Club Deportivo Mat’s, o Club Deportivo Pinarium, o Club In Mare, o Club Rítmica Agarimo, o Club San Miguel de Marín, o Club Ximnasia Vila de Marín, a Escola de Fútbol Vila de Marín, o Marín CF, a Sociedade Deportiva Santomé e o Team Thunder. Son os mesmos beneficiarios que en Poio, onde o Alt. Peña Racing, o Atlético de Combarro, o Balonmán Poio Artai, os clubs de tenis e de pádel do Club de Tenis Pontevedra, o Club Fútbol Base Poio, o Club Sarabia E.D. Poio, o Club Sporting Campelo, o Poio Bike Club, a SD de Cazxadores Tecor de San Xoán de Poio e a Sociedade Cultural Deportiva de Poio faranse con 11.791,51 euros.
Ademais, resultaron beneficiarios dous clubs de Barro (2.291 €), o Barro CF e a Sociedade de Caza de Barro, así como outros catro de Caldas de Reis, que recibirán 6.688,45 euros: o Caldas Club de Fútbol, o Club Acuático Umia, o Club Deportivo Caldas Veteranos e o Club Número Phi. Tamén se benefician tres clubs de Campo Lameiro, que recibirán 2.193,91 €: o Campo Lameiro CD, a Sociedade de Caza e Pesca O Campo e a Sociedade de Caza e Pesca Refuxio Conla. En Cerdedo-Cotobade, son catro os clubs que recibirán 2.238,05 euros: a Sociedade de Caza e Pesca Unión Deportiva de Cerdedo, o Cerdedo-Cotobade Fütbol Sala, a Sociedade Deportiva de Caza O Coirego e o Tenorio Fútbol Sala. En Cuntis, son outros tres os clubs beneficiarios: o Atlético de Cuntis C.F., o Club Atletismo Cuntis e o Club Grenlins Cuntis, con 4.226,14 euros en total.
No caso da Lama, recibirán un total de 2.357,11 € a Sociedade de Caza e Pesca A Lama e a Sociedade Deportiva de Cazadores A Fornelense. En Moraña, o Moraña Club de Fútbol recibirá 1.217,92 euros, mentres que en Ponte Caldelas recibirán 2.169,59 euros dous clubs: a SCD Ponte Caldelas e a Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo. En Portas, outorgáronselle 3.374,24 euros ao Club Baloncesto Classics, a Cultural Deportiva Portas, a Escudaría Portas Motor e a Sociedade Deportiva de Romai. Por último, sete clubs de Vilaboa recibirán 5.772,47 euros: o Rítmica Arnela, a SDAD Deportiva Cultural San Adrián de Cobres, a Sociedade de Caza de Vilaboa, a Sociedade de Caza e Pesca de Ponte Sampaio, a Agrupación Deportiva U.D.C. Vilaboa, o Clube Ciclismo Val do Ulloa e a Escola de Fútbol Cobres.
Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.



