Home Pontevedra Caldas A Deputación reparte preto de 377.000 euros para executar 47 proxectos de...

A Deputación reparte preto de 377.000 euros para executar 47 proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia

- Anuncio -

A deputada María Ortega subliña que foi preciso incrementar en 77.000 € a partida inicial co fin de financiar as actuacións case na súa totalidade

A comarca de Caldas recibirá fondos para o muro entre a Rúa Real e a igrexa de Caldas, os petróglifos de Pedras Minas (Catoira), paneis informativos en Moraña e Portas, e o cruceiro de Setecoros (Valga)

O departamento de Patrimonio da Deputación vén de aprobar o reparto de 376.824,55 euros en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 47 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora.
Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 euros, mais incrementouse en case 77.000 euros co fin de financiar a maioría das actuacións na súa totalidade. De feito, todos os concellos reciben a cantidade económica solicitada salvo tres, Meis, Gondomar e Redondela, que reciben cifras moi superiores á media, por enriba dos 21.000 euros.
Ortega lembra que desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta estas liñas de subvencións que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico; a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra. De feito, entre as subvencións deste ano encóntranse cuestións tan diversas como contornas arqueolóxicas, petos e cruceiros, lavadoiros, paneis informativos ata a reposición de tapizados en algunha casa consistorial.
A comarca de Pontevedra recibe axudas para catro dos seus municipios por valor total de 20.166,06 euros: Barro 8.276,40 euros (100%) para o remate de carpintería no pazo de San Antoniño; Campo Lameiro 2.965,44 euros (88,44%) para a restauración e posta en valor dos restos do baldaquino de San Isidro de Montes; Cerdedo-Cotobade 3.916,77 euros (100%) para a restauración do cruceiro dos Barreiros; e Ponte Caldelas, 5.007,45 euros (100%) para a segunda fase da ruta interpretativa da arquitectura indiana.
Na comarca de Caldas os fondos para proxectos de mellora do patrimonio chegarán a cinco concellos, cun valor que rolda os 24.500 euros : Caldas de Reis 4.041,40 (100%) para a restauración do límite urbano da praza entre as rúas Real e da Igrexa; Catoira, 5.989,50 euros (100%) para a sinalización e posta en valor dos petróglifos de Pedras Minas; Moraña, 8.107 euros (100%) para a elaboración e instalación de paneis informativos do patrimonio histórico cultural do municipio; Portas, 2.855,60 euros (100%) para a sinalización do patrimonio xeral no municipio; e Valga 3.442,45 euros (100%) para a restauración do cruceiro de Setecoros.
A comarca do Salnés ingresará 54.694,33 euros: Cambados, para a restauración da fonte da praza de Alfredo Brañas 9.854,23 euros (100%); Meis, 21.902,55 (61,42%) para a recuperación, posta en valor e socialización do petróglifo de Outeiro do Cribo; Ribadumia, 3.300,68 euros (52,82%) para a mellora da contorna da fonte e lavadoiro do Corvo; Vilagarcía, 13.982,24 euros (100%) para a reposición de tapizados no salón nobre da Casa Consistorial; e Vilanova de Arousa, 5.654,63 euros (100%) para o proxecto de escavación arqueolóxica no sector sur do castro e mosteiro de Cálago.
A comarca do Morrazo mellorará catro proxectos grazas á axuda provincial que ascende a 46.527,96 euros: Cangas 9.078,46 euros (50,39%) para a sinalización do casco histórico, Marín 14.967,70 euros (100%) para a restauración dos portais de acceso ao mercado de abastos; Moaña, 17.484,50 euros (100%) para a recuperación e restauración da muralla da torre de Meira; e Vilaboa, 4.997,30 euros (100%) para a sinalización e conservación das mámoas do lago de Castiñeiras.
A comarca do Deza-Tabeirós ingresará 33.629,68 euros para seis proxectos: Agolada, 3.272,69 euros para a sinalización da ponte dos Cabalos (100% do orzamento); Cuntis 3.408,10 euros (100%) para a sinalización da senda fluvial dos ríos Gallo e Umia; Forcarei, 3.468,42 euros (92,17%) para a conservación ambiental e paisaxística do castro de Garellas; Lalín, 17.787 euros (100%) para a mellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 euros (100%) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á Capela de San Brais en Chapa; e Vila de Cruces, 3.692,69 euros (99,99%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.
A comarca de Vigo recibirá 57.217,25 euros para seis concellos: Fornelos de Montes 3.953,61 euros (100%) para recuperación de fonte tradicional; Mos, 8.591,42 euros para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Pazos de Borbén, 3.010,48 euros (100%) para a sinalización do patrimonio eclesiástico da vila; O Porriño, 10.296,17 euros (100%) para a restauración e posta en valor do lavadoiro de Regadas; Redondela, 28.449,47 euros (98,15%) para a actuación na fonte Raíña e conservación do peto de ánimas e cruceiro en Cedeira; e Soutomaior, 2.916,10 euros (100%) para a sinalización da ponte medieval de Comboa (Ponte Vella).
O Condado-Paradanta reúne oito actuacións subvencionadas por valor de 43.597,54 euros: Arbo destinará os fondos ao proxecto de obras de rehabilitación do casco histórico, 3.017,18 euros (67,21%); A Cañiza, 4.608,60 euros (100%) para a conservación do peto de ánimas de Vilariño en Santiado de Parada; Covelo, 12.421,86 euros (100) para a intervención arqueolóxica no recinto do Castelo do Faro; Crecente, 3.000 euros (100%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Mondariz, 3.590,95 euros (100%) para a sinalización interpretativa da parroquia de Sabaxáns e da igrexa de Mouriscados; As Neves, 3.242,80 euros (100%) para a sinalización do patrimonio do municipio; Ponteareas, 9.623,15 euros (89,26%) para a rehabilitación do peitoril de Ponte Maceira; e Salvaterra de Miño, 4.093 euros (100%) para a limpeza e instalación de empedrado de lastros no cruceiro das Arras.
A comarca do Val Miñor fai pleno de subvencións para todos os seus concellos e recibirá do departamento de Patrimonio provincial 45.881,48 euros: Baiona 6.097,89 (83,58%) para a rehabilitación do lavadoiro de Riveira; Gondomar 26.207,58 euros (41,11%) para a conservación e mantemento no eido da casa Peralba; Nigrán, 10.381 euros (100%) para a limpeza, roza e sinalización da contorna dos muíños de Rodas; e Oia, 3.195,01 euros (100%) para a sinalización da contorna natural do pozo do Arco e Pozas de Lourezá.
O Baixo Miño recibirá, pola súa banda, 47.205,08 euros que se investirán en cinco actuacións de mellora: A Guarda recibe 5.286,63 euros (64,32%) para a recuperación da fonte lavadoiro da Silveira; O Rosal, 4.767,40 euros (100%) para a mellora e redescubrimento do castro da Bandeira e os seus arredores; Salceda de Caselas, 5.445 euros (100%) para a restauración e posta en valor do peto das ánimas da Bugarina; Tomiño, 20.392,55 euros (100%) para a rehabilitación do lavadoiro Fonte do Ramo; e Tui 11.313,50 euros (100%) para a sinalización do patrimonio cultural da vila.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas