Home Baixo Miño A Guarda A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo...

A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo e o sur da Provincia ao abeiro do Plan Provincia Comunitaria 2024

- Anuncio -

Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros

“Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de preto de 520.000 euros do Programa de Acción Comunitaria, coñecido como Plan Provincia Comunitaria 2024, entre  56 asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais de 19 concellos de Vigo e do sur da provincia, que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 €. “Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que, con estas axudas, búscase “potenciar a capacidade das asociacións, mellorar a calidade de vida local e os equipamentos veciñais e contribuír á implantación homoxénea destas entidades en todo o territorio”.

En concreto, en Arbo a Asociación de Veciños San Antonio de Arbo recibirá 7.266 € e a Asociación de Mulleres Rurais Arbenses 6.999 €; en Baiona a Asociación de Veciños A Cela de Baredo 10.000 € e a Asociación de Veciños Castro e Ladeira 9.978 €; en Crecente a Asociación de Veciños de Filgueira contará con 9.995 € e a Asociación Cultural e Veciñal Amistade con 10.000 €; en Fornelos de Montes a Asociación de Veciños O Cruceiro A Laxe con 6.002 € e a Asociación de Veciños Santa Cruz de Vilán con 10.000 €; en Gondomar o Centro Cultural e Veciñal de Peiteiros recibirá 10.000 €, a Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar 7.123 €, a Asociación Veciñal e Cultural Santa Eulalia de Donas 9.171 € e a Asociación de Veciños Galiñeiro e Vincios 7.278 €; na Guarda a Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino contará con 10.000 €; en Mondariz a Asociación Veciñal, Cultural e Etnográfica San Cibrán con outros 10.000 €, e en Mos recibirán 10.000 € a Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville, a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, a Asociación de Veciños San Mamede de Torroso e a Asociación de Veciños Celado, 8.582 € a Asociación Veciñal Cultural Ledicia 8.582 € e a Asociación de Veciños Santa Baia 8.787 €.

Por outra banda, nas Neves a Asociación de Veciños Santa María de Liñares e a Asociación de Veciños Acequia contarán con 10.000 €, a Asociación de Veciños San Cibrán de Ribarteme con 8.387 € e a Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Castiliños con 7.385 €; en Nigrán a Asociación de Veciños da Parroquia de Priegue La Hermandad recibirá 7.503 €; en Oia a Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva Santa Eugenia de Mougás contará con 7.327 €, a Asociación de Veciños San Miguel de Viladesuso con 9.904 € e a Asociación Veciñal Dulce Nombre María con 10.000 €; en Pazos de Borbén a Asociación de Veciños Cruceiro da Paz de Xunqueiras recibirá 9.123 €, a Asociación Veciñal Santa María de Pazos 7.822 € e a Asociación de Veciños San Pelayo 10.000 €; en Ponteareas recibirán 10.000 € a Asociación Cultural Deportiva e Veciñal San Pedro de Parada-Xinzo, a Asociación de Veciños San Mamede de Fontenla e a Asociación de Veciños San Vicente de Canedo 7.882 €, a Asociación de Veciños San Mauro 9.922 € e a Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade e 9.929 € a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Veciñal San Martín de Moreira, e en Redondela a Asociación de Veciños Barrio de Saramagoso contará con 9.385 € e a Asociación de Veciños San Martiño de Vilar con 8.423 €.

Ademais, en Salceda de Caselas a Asociación de Veciñas e Veciños Ameixoa recibirá 8.566 € e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas 9.450 €; en Salvaterra de Miño a Asociación de Veciños de Cabreira-Xermen-Salva contará con 9.807 € e a Asociación de Veciños Castelao de Pesqueiras con 10.000 €; en Tomiño a Asociación de Veciños de Forcadela, a Asociación de Veciños Hospital Pousadela e a Asociación Veciñal e Cultural San Vicente de Barrantes recibirán 10.000 € e a Asociación de Veciños Cultural, Recreativa e Deportiva San Salvador de Sobrada 8.943 €; en Tui contarán con 10.000 € tanto a Asociación Cultural Veciñal Laxes de Paramos como a Asociación Veciños Santa María Magdalena de Ribadelouro, e, por último, son sete as entidades de Vigo que terán achegas desta convocatoria: 10.000 € para a Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva San Miguel de Oia, a Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo de Saiáns, 9.854 € para a Asociación de Veciños da Salgueira Rosalía de Castro, 9.922 € para a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, 9.937 € para a Asociación de Veciños de Parada-Maceiriña-Rúas e Fontes e 7.910 € para o Centro Cultural, Veciñal e Deportivo de Vigocentro.

Grazas a estas axudas, no conxunto da provincia 170 asociacións e federacións de 44 concellos poderán executar obras de acondicionamento, reforma ou ampliacións de locais e outros espazos ou adquirir equipamentos que melloren os seus servizos. A partir de agora, as entidades terán un prazo de seis meses para executar e xustificar as actuacións.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas