Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reúne aos axentes do Proxecto Acelerou que axudarán ás empresas...

A Deputación reúne aos axentes do Proxecto Acelerou que axudarán ás empresas á súa transformación dixital

- Anuncio -

Esta iniciativa é un paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores na súa modernización tecnolóxica

Os axentes dixitalizadores axudarán ás empresas a materializar o proceso de dixitalización con asesoramento especializado, formación, talleres e aplicacións e programas, entre outras liñas de traballo

Dar a coñecer o Proxecto AcelerOU e todas as accións que se porán en marcha no marco desta iniciativa foi o obxecto da reunión que mantiveron o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño, xunto ao equipo AceleraPyme, con preto dunha quincena de axentes dixitalizadores, que serán os encargados de dar apoio tecnolóxico ás empresas.

AcelerOU nace no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do programa AceleraPyme e que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025 financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. Así, esta iniciativa convértese nun paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores ourensáns na súa transformación dixital e modernización.
Cando un usuario contacte coa Deputación a través das diferentes oficinas dispoñibles, tanto físicas como itinerante ou virtual, o seu caso será analizado polo equipo AceleraPYME e serán tramitadas as axudas dispoñibles, como é o caso dos programas estatais “Kit Consulting” e “Kit Dixital”.

A partir deste trámite, os axentes dixitalizadores axudarán ao interesado no seguinte paso, que é fundamental: materializar o proceso de dixitalización.
Asesoría personalizada, desenvolvemento web e de aplicacións, marketing dixital, xestión de clientes ou redes sociais son algúns dos ámbitos nos que os axentes mostraron o seu interese para apoiar aos usuarios.

Tamén se invitou aos axentes dixitalizadores a formar parte dun plan complementario que inclúe xornadas, obradoiros e seminarios de sensibilización, ademais de apoio sobre tecnoloxías dixitais ou talleres teórico-prácticos sobre axudas de financiamento á dixitalización xa existente.

Ao mesmo tempo, relatorios dos axentes, formación específica ou a presenza nos expositores de Acelerou en diferentes eventos constitúen un amplo abano de posibilidades de colaboración dentro do proxecto.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas