HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación reúne este xoves e venres no Pazo provincial a escritores...

A Deputación reúne este xoves e venres no Pazo provincial a escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois no II Encontro Pontevedra Literaria

- Anuncio -spot_img

O encontro terá lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial os días 23 e 24 de outubro baixo o lema “Escribir o que non se di”. As prazas para asistir á xornada do venres están esgotadas e quedan algunhas dispoñibles para a do xoves

A Deputación reúne este xoves e venres na capital da provincia a escritores da talla de Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e Manuel Jabois no II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes e baixo o lema “Escribir o que non se di”. Esta xuntanza naceu para dar resposta ao crecente interese amosado pola mocidade nas iniciativas de creación literaria e artística, manifestado no incremento de solicitudes de participación na categoría de traballo literario breve dos Premios Provinciais á Xuventude.

O encontro comezará o xoves, 23 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa mesa redonda, para a que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles, na que Ledicia Costas e Jorge Volpi afondarán en “Por que escribimos”.  Xa o venres 24, co aforo totalmente completo, terá lugar a mesa redonda na que Laura Ferrero e Manuel Jabois abordarán cuestións relacionadas co xornalismo e a ficción.  En ámbalas dúas sesións o público terá a oportunidade de formular preguntas e interactuar cos escritores.

As dúas mesas de debate serán conducidas pola xornalista Paula Montes e Andrea García porá a nota musical, co piano como protagonista. Ademais está previsto que se concentren na xuntanza as persoas galardoadas nos Premios Provinciais á Xuventude, así como librarías, clubs de lectura, editoriais e, en xeral, persoas amantes da lectura.

Publicacións Relacionadas