Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra a exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, co catálogo xa dispoñible

- Anuncio -

As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu

A exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’ afronta a súa recta final no Museo de Pontevedra e poderá visitarse no Edificio Castelao ata este domingo 19 de xaneiro. Trátase dunha mostra antolóxica dedicada ao artista de Bueu, falecido en 2017. A súa biografía e obra artística queda recollida tamén no catálogo que acaba de publicar o Museo, que inclúe os 39 óleos e debuxos que forman a exposición, datados entre 1949 e 2016.

Nas obras de Otero Baena (1925-2017) pódese apreciar como o artista foi desenvolvendo un estilo persoal e unha linguaxe propia, baseada na importancia da cor, na que substituíu o pincel pola espátula, coa que modelaba o pigmento aplicado con agresividade. Deste xeito conseguiu unha forte intensidade cromática, convertendo a cor na protagonista das súas composicións.

O principal rexistro da súa pintura foi a paisaxe, cun interese especial polos elementos etnográficos e, entre eles, coas embarcacións tradicionais do seu Bueu natal. Na súa obra transgrediu intencionadamente as tonalidades da natureza para afastarse da representación mimética da realidade e deformala conscientemente a través da luz e da cor, transmitíndonos as paisaxes tal e como el as vía.

O seu recoñecemento como artista chegoulle cando tiña 26 anos e a súa obra chamou a atención do debuxante e crítico de arte Ramón Peña. El mesmo o animou a solicitar unha pensión da Deputación de Pontevedra para estudar pintura en Madrid. O remate da súa excedencia laboral obrígao a regresar a Bueu, onde segue pintando e estudando co apoio dunha biblioteca especializada en arte, un intenso traballo co que logra un estilo persoal, unha linguaxe propia coa que expresar a súa visión da paisaxe e das escenas de pesca, nas que queda patente a súa especial predilección polo mar.

A súa fecunda actividade pictórica reflíctese no elevado número de exposicións individuais e colectivas que percorren Galicia, á vez que a cor adquire cada vez maior protagonismo na súa obra; emprega con valentía o amarelo para interpretar a luz que atravesa as nubes, transformando o ceo nunha explosión de dourados. O bulicio do colorido é, probablemente, consecuencia da súa admiración por Turner.

O seu traballo como pintor paralízase entre 1971 e 1979 porque, ademais de seguir traballando na Caixa de Aforros, foi nomeado alcalde de Bueu. Pinta esporadicamente ata 1989, ano no que se xubilou e retomou a espátula e o óleo para volver pintar os mesmos temas, pero non do mesmo modo; o seu estilo evoluciona cara a unha nova forma de expresar a cor, que tempera a violencia ao empregar tons suaves, o que, unido á súa constante procura da luz, ocasiona escenas asolagadas de claridade.

Catálogo da exposición
Completando esta mostra, o Museo vén de publicar o catálogo da exposición. O volume conta con tres textos que analizan a obra e a figura do pintor de Bueum a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, comisaria da exposición, Arturo Cidrás e Xaime Toxo. Inclúe ademais unha cronobiografía e o catálogo de pezas exhibidas, que se completa con imaxes doutras obras do artista. O libro, en edición bilingüe galego-castelán, pode adquirirse xa no Edificio Castelao, cun prezo de 15 €.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas