Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima o prazo para presentar candidaturas á primeira edición dos...

A Deputación ultima o prazo para presentar candidaturas á primeira edición dos Premios Sociais da provincia

- Anuncio -

Outorgaranse tres galardóns, valorados en 15.000 euros, que distinguirán toda unha vida profesional no eido social, a traxectoria dunha entidade de iniciativa social e o mellor proxecto ou iniciativa polo seu impacto

A Deputación de Pontevedra ultima o prazo para a presentación de candidaturas aos seus I Premios Sociais, unha proposta enfocada cara á posta en valor do traballo realizado na provincia a favor dos dereitos humanos e dos colectivos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, colectivos e comunidades. Estes galardóns, que repartirán 15.000 euros en tres categorías, distinguirán toda unha vida profesional no eido social, a traxectoria dunha entidade de iniciativa social e o mellor proxecto ou iniciativa polo seu impacto. As solicitudes poderán efectuarse ata o próximo xoves 14 de novembro.

Os I Premios Sociais da Deputación de Pontevedra teñen como obxectivo destacar a importancia do traballo conxunto entre o sector público, o sector privado e a sociedade civil na procura dun mundo mellor, con solucións sostibles e equitativas, e son tamén unha plataforma para crear conciencia sobre as necesidades e os desafíos aos que se enfrontan diversas comunidades.

Os premios están dirixidos a persoas físicas ou xurídicas empadroadas na provincia de Pontevedra, e poden presentar candidaturas tanto as propias persoas físicas ou xurídicas como persoas físicas profesionais do sector social, entidades do terceiro sector de acción social e outras entidades públicas ou privadas a favor de terceiras persoas. Non se concederán premios a título póstumo. En función da modalidade do premio, xunto coa solicitude deberá presentarse unha memoria da traxectoria profesional ou, no caso seu, unha ficha da entidade proposta ou do proxecto proposto aos premios.

Os recoñecementos das tres categorías distribúense do seguinte xeito: o premio a toda unha vida profesional no eido social está dotado con 3.000 €, o premio á entidade de iniciativa social pola súa traxectoria está valorado en 6.000 € e, finalmente, o galardón ao mellor proxecto ou iniciativa polo seu impacto social conta tamén dunha dotación de 6.000 €.

Relacionadas

O Concello de Tui lembra o aniversario de Francisco Sánchez presentando a tradución dun...

0
Será este xoves ás 20 h na Sala Municipal de Exposición. A obra foi editada e traducida por Laureano Alonso O Concello de Tui, a...

Mosquera: “Coa nova taxa de residuos a metade os usuarios reducirán o seu recibo...

0
Tras a Comisión de Mobilidade, o concelleiro indicou que os criterios polos que se rexerá a nova ordenanza económica "serán obxectivos". A Comisión de Mobilidade,...

A mocidade rosaleira defende unha participación activa e segura no XII Foro Infantil Unicef

0
Representantes do grupo de participación infantil e xuvenil do Rosal participaron neste encontro no Parlamento de Galicia xunto con integrantes de consellos locais doutros...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

Luisa Sánchez pon en valor as axudas da Deputación aos clubs de ámbito estatal...

0
A vicepresidenta destacou que o club que preside Begoña Aldao recibe este ano 18.000 euros, 8.000 euros máis que no ano 2022: “A pesar...

Este sábado, tras unha excelente acollida, clausúrase a mostra “A exposición secuestrada. Estampa Popular...

0
A “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” inaugurada o pasado 27 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui chega...

Publicacións Relacionadas