Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima os días para que entidades sen ánimo de lucro...

A Deputación ultima os días para que entidades sen ánimo de lucro soliciten as axudas para promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero na provincia

- Anuncio -

A liña de axudas ascende a 200.000 euros e as entidades poderán recibir ata 7.000 euros para impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención así como de atención a vítimas de violencia machista, entre outras

A Deputación ultima os días para que entidades sen ánimo de lucro soliciten as axudas para promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero na provincia. Trátase dunha liña de axudas que ascende a 200.000 euros e as entidades poderán recibir ata 7.000 euros para impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención así como de atención a vítimas de violencia machista, entre outras. As entidades interesadas teñen ata o 17 de febreiro para presentar a solicitude e achegar a documentación requirida nas bases da convocatoria.

Con estes recursos provinciais, ademais da sensibilización e atención ás vítimas, as entidades tamén poderán impulsar programas destinados a mulleres vulnerables, proxectos e actividades para fomentar a igualdade, iniciativas encamiñadas a mellorar a formación, o emprendemento e a inserción laboral das mulleres, accións dirixidas a crear redes e servizos que favorezan a conciliación e campañas de difusión en materia de igualdade.

Xunto con esta liña de axudas, que ascende aos 200.000 euros, a Deputación ten tamén operativa outra dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes, por valor de 260.000 euros. Neste caso, os concellos, que se beneficiarán de contías que ascenden a un máximo de 6.000 euros, teñen de prazo ata o 27 de febreiro e con estes recursos poderán impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; proxectos para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e persoas dependentes ao seu cargo; actividades para mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade. Tamén para elaborar plans de igualdade, proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais contra a violencia de xénero, crear redes de apoio para fomentar a corresponsabilidade e para contratar persoal empregado público especialista en materia de igualdade.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas