Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima os días para visitar a exposición pictórica de Tato...

A Deputación ultima os días para visitar a exposición pictórica de Tato Heredia no Palacete das Mendoza

- Anuncio -

A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o domingo 16 de febreiro

A Deputación de Pontevedra ultima os días para visitar a exposición de Tato Heredia no Palacete das Mendoza. Trátase de “A evolución da mancha II”, unha mostra pictórica que estará dispoñible ata o 16 de febreiro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.

Tato Heredia, natural de Pontevedra, é fillo do tamén pintor Carlos Heredia, que se converteu no seu exemplo a seguir e foi quen lle deu consellos ata adquirir o seu estilo propio e inconfundible tras máis de 30 anos dedicándose á pintura. A inspiración de Heredia adoita ser Galicia no sentido xeográfico, reflexando os costumes e as maneiras de vivir e de traballar das súas xentes, plasmados en paisaxes tanto rurais como urbanas. A súa obra defínese por combinar riscos firmes con outros apenas insinuados, así como pola sinxeleza e a súa forza sutil.

A exposición “A evolución da mancha II” de Tato Heredia pode visitarse no Palacete das Mendoza de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas