Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ve a proposta da Xunta para crear unha subsede dos...

A Deputación ve a proposta da Xunta para crear unha subsede dos GES no Grove como un paso absolutamente insuficiente tras catro anos de bloqueo

- Anuncio -

Font destaca que a Xunta pretende financiar o custo do incremento de persoal detraendo cartos do Fondo de Cooperación Local, “polo que os concellos pagarán por partida dobre”

A institución provincial, diante a falta de seriedade do goberno galego, presentará unha proposta alternativa “máis funcional, racional, rigorosa e equilibrada”

O deputado Carlos Font, representante provincial na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES), cualificou hoxe de “absolutamente insuficiente o paso dado pola Xunta de Galicia anunciando a creación dunha subsede no concello do Grove”. Font lembrou que xa en 2017 a Deputación presentou unha proposta para integrar no sistema dos GES ao Grupo Municipal de Emerxencias do concello arousán, proposta que sempre tivo unha negativa rotunda por parte do goberno galego. “Agora”, dixo Font, “falan dunha subsede o que, amais de insuficiente, sería unha decisión discriminatoria co Grove e profundamente contraditoria coa remodelación anunciada pola Xunta para converter en sedes tódalas subsedes, tanto as xa existentes (A Estrada e Lalín) como as aprobadas e aínda pendentes de entrada en servizo (Redondela e Mos)”.

Font encontra incongruente que se afirme que tódalas subsedes GES que contaban con 6, 9 ou 10 integrantes pasen a converterse en sedes de 12 efectivos e que, ao mesmo tempo, tras catro anos de bloqueo, a Xunta propoña agora crear medio GES no Grove con tan só 6 integrantes. Unha idea especialmente estraña cando a Xunta sabe perfectamente que o actual Grupo Municipal do Grove dispón de 13 compoñentes. E máis incomprensible aínda cando a propia Xunta defende agora tamén a equiparación das achegas económicas que reciben os grupos de emerxencias municipais de Sanxenxo e Ponteareas coas que perciben os GES.

“A Xunta nos di na mesma xuntanza que só quere que haxa bases GES con dotacións completas para acabar coas subsedes e que quere facer unha excepción co Grove. Por que A Estrada e Lalín si e O Grove non?” “E di, ademais, que tódolos grupos municipais, agás O Grove, deben ter o mesmo financiamento que os integrados no sistema GES. Por que Sanxenxo e Ponteareas si e O Grove non?” Se había sospeitas máis que fundadas de que o tratamento que a Xunta dá ás bases dos GES garda relación coa cor política dos concellos nos que se asentan ou se pretenden asentar, quedaron completamente despexadas, indica o deputado provincial. Diante de todas estas circunstancias, a Deputación acudirá cunha proposta alternativa “máis funcional, racional, rigorosa e equilibrada” para axudar a cubrir o mapa das emerxencias da provincia e tratando a tódolos territorios con equidade.

Ademais, Font recalca que o que a propaganda da Xunta de Galicia vende como un reforzo do sistema de emerxencias galego finánciase co Fondo de Cooperación Local, “é dicir, cos cartos que xa corresponden, por mandato constitucional, aos concellos”. “Unha vez máis a Xunta invita e a Administración local paga, neste caso por partida dobre: directamente coas partidas que achegan deputacións e concellos con fondos propios e indirectamente coas que se lles retiran do Fondo de Cooperación Local”. “E todo elo sen esquecer nunca que a Xunta saca o resto dos cartos do sistema de emerxencias do canon eólico, un imposto que debería ir integramente aos concellos afectados polos parques, e que acaba, de xeito espurio, no peto da Xunta”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas