Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación volve aliarse coa Epic Race para desafiar as persoas participantes...

A Deputación volve aliarse coa Epic Race para desafiar as persoas participantes a percorrer ata 300km de montes da provincia

- Anuncio -

A Deputación de Pontevedra colabora coa proba, que se celebrará os días 10 e 11 de xuño, a través do programa de patrocinios “Depo Promo”

O Pazo provincial da Deputación acolleu hoxe a presentación da sétima edición da Epic Race Pontevedra, a proba de aventura de mountain bike que este ano desafiará as persoas participantes a percorrer un total de ata 300 km de montes da provincia durante esta fin de semana, os días 10 e 11 de xuño. Esta proba de ultrarresistencia sobre bicicleta todoterreo, a máis prestixiosa de Galicia na súa modalidade, está incluída no programa de patrocinios de eventos deportivos singulares da institución provincial, “Depo Promo”, onde acadou unha axuda de 12.000 €. Á presentación asistiron o deputado e a deputada en funcións Gorka Gómez e Ana Laura Iglesias, o director técnico de Global DXT, Josevi Cimadevila, e os alcaldes e alcaldesas en funcións de Meaño (Carlos Viéitez), Cambados (Samuel Lago) e Meis (Marta Giráldez), así como os concelleiros de deportes en funcións de Pontevedra (Tino Fernández) e Caldas (Jacobo Pérez).

Gorka Gómez salientou que a Epic Race Pontevedra “representa o que debe ser unha institución que achega o deporte a toda a provincia froito da colaboración cos concellos e establecendo sinerxías que son fundamentais”. Ademais, tamén destacou que a competición, “que se converteu nun referente, é unha proba moi dura e que representa os valores do deporte e do turismo deportivo”. Grazas ao vínculo entre deporte e turismo, asegurou, “facemos posible que as persoas que se acheguen á nosa provincia vivan unha experiencia completa”. Pola súa banda, o responsable da Epic Race Pontevedra, Josevi Cimadevila, agradeceu o apoio da Deputación a esta proba, “da que só hai outras dúas iguais en toda a península”. Deste xeito, a colaboración coa institución provincial “permítenos irmandar todos os concellos participantes” e converter a provincia “nun destino turístico e deportivo, porque hai puntos da Epic Race que só se poden coñecer na bicicleta”.

A Epic Race Pontevedra divídese en dúas modalidades de gran distancia, unha de 300 km e outra de 200 km e cun límite de 28 horas para completala. Están compostas de sete e cinco etapas, respectivamente, de arredor de 40 km e entre hora e media e dúas horas de duración (aproximadamente) cada unha. As catro primeiras, comúns en ambas as dúas modalidades, son as de Pontevedra-Redondela, Redondela-A Fracha, A Fracha-Meaño e Meaño-Cambados. Despois, a Epic Race de 300 km complétase coas etapas Cambados-Meis, Meis-Caldas e Caldas-Pontevedra, mentres que a Epic Race 200 km remata cunha quinta etapa Cambados-Pontevedra.

Trátase dun percorrido moi diferente ao de anteriores edicións da Epic Race Pontevedra, que precisamente busca cada ano renovar o seu trazado, polo que as persoas participantes non percibirán a sensación de tela completado anteriormente. Nesta sétima edición están implicadas máis de 100 comunidades de montes e mestúrase “o sabor do monte” co “sabor da costa”, coa incorporación de concellos que non participaran aínda nas edicións anteriores.

Tralo peche das inscricións, na Epic Race Pontevedra participarán máis de 200 persoas procedentes de todo o territorio peninsular, de Galicia, España e Portugal, de maneira individual ou en equipos de dúas e tres persoas (neste último caso só na modalidade de 300 km). Trátase dunha competición guiada por GPS e con tráfico aberto, que transcorrerá por núcleos moi poboados, polo que as persoas participantes deberán ter en conta e respectar os sinais. En canto á entrega de trofeos, a Epic Race Pontevedra estará dividida nas seguintes categorías: individual masculino e feminino, parellas masculinas, femininas e mixta, e equipos de tres masculinos, femininos e mixtos.

A través de “Depo Promo” a Deputación renova o seu compromiso cos eventos deportivos singulares da provincia. No marco desta liña, e amais da Epic Race, a institución provincial patrocinou xa as probas O Gran Camiño (24-27 de febreiro), a Copa de España Féminas Cofidis (26 de marzo) e a concentración da Selección Española de Baloncesto en Vigo cara ao Eurobasket (maio), e tamén se inclúen o Verán Deportivo (entre xullo e agosto), a Triple Corona Illas Atlánticas (10 de setembro), a Pontevedra Trail League (entre o 12 de febreiro e o 19 de novembro), a Costa Atlántica MTB Tour (23-25 de setembro), o Pontevedra 4 Picos Bike (do 14 de maio ao 26 de xuño), o 15k do Atlántico (1 de outubro) e o III Sportech Congress.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas