Home Deputacións Deputación Pontevedra A Escola de Igualdade María Vinyals promove un curso on line sobre...

A Escola de Igualdade María Vinyals promove un curso on line sobre “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista”

- Anuncio -

A ESCOLA DE IGUALDADE MARÍA VINYALS PROMOVE UN CURSO ON LINE SOBRE “DEBATES TEÓRICOS E AXENDA POLÍTICA FEMINISTA”

O seminario desenvolverase do 21 de outubro ao 9 de decembro e estará impartido por prestixiosas docentes universitarias españolas, baixo a dirección de Rosa Cobo

A inscrición está aberta na web provincial e hai 100 prazas que se concederán por orde de inscrición

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra impartirá desde o vindeiro 21 de outubro e ata o 9 de decembro o curso on line “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista” que, baixo a dirección da profesora e escritora Rosa Cobo, impartirán mulleres referentes a nivel nacional e internacional, a maioría delas docentes universitarias. O seminario desenvolverase nun total de 8 sesións a través da plataforma Zoom e a inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web provincial.

“Imos formar –explicou a presidenta Carmela Silva- sobre os principais debates teóricos desde o pensamento feminista, coa análise dos obxectivos prioritarios da axenda política feminista”. O curso terá lugar nas tardes dos xoves, de 18.30 a 20.30 horas (excepto o xoves 25 de novembro, que pasará a celebrarse o venres 26), e o aforo é limitado a 100 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. A institución provincial emitirá diploma acreditativo ás persoas que realicen as 16 horas.

A actividade arrancará o 21 de outubro con Rosa Cobo, que impartirá a sesión “Feminismo: tradición intelectual e movemento social. Oríxenes do feminismo e desenvolvemento histórico. A cuarta onda feminista e o seu corpo vindicativo”. O día 28 será Carmen Ruíz Repullo, da Universidade Pablo Olavide Sevilla, quen falará de “Debates feministas en torno á violencia sexual”, mentres que o 4 de novembro Beatriz Ranea, da Universidade Complutense de Madrid e Lydia Delicado, da Universidade de Alicante, falarán sobre “O imaxinario pornográfico e o dominio masculino”.

As sesións continuarán o 11 de novembro coa charla “A prostitución na intersección de tres sistemas de poder: patriarcado, raza e clase. Debates abolicionistas”, a cargo de Rosa Cobo; o 18 novembro con “Ventres de aluguer: explotación reprodutiva e feminización da pobreza”, a cargo de Laura Nuño, da Universidade Rey Juan Carlos e María Luisa Balaguer, da Universidade de Málaga e maxistrada Tribunal Constitucional e o 26 novembro, coa sesión “Críticas feministas á democracia. Mulleres e poder político. Democracia paritaria”, a cargo de Mar Esquembre, da Universidade de Alacante.

En decembro, o día 2 Carmen Castro, economista feminista e asesora en Políticas de Igualdade falará sobre “A crítica feminista ao capitalismo neoliberal. A política sexual do novo capitalismo e o curso rematará o 9 decembro coa charla “Orixes e supostos do pensamento queer: o debate sobre o suxeito político do feminismo” que ofrecerá Luisa Posada Kubissa, da Universidade Complutense de Madrid.

Relacionadas

As obras da segunda fase de rexeneración da contorna de Ermelo avanzan a bo...

0
• A actuación completa a que xa fora levada a cabo no 2017 na contorna da igrexa de Ermelo, e conta cunha subvención do...

O Concello de Tui apoia aos deportistas locais coa convocatoria das Becas a Deportistas...

0
Destina a este fin 10 mil euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de novembro O concello de Tui retoma este ano...

Os woekshops de turismo da Deputación en Valencia e Madrir propiciaron máis de 3.000...

0
Unha trintena de empresas de todos os ámbitos do destino Pontevedra Provincia estableceron contacto con outras 160 firmas valencianas e madrileñas nas que se...

O PP critica a negativa da Deputación a ampliar os GES da provincia e...

0
Cubela recorda que é un servizo de competencia local, dos concellos e das deputacións, no que o Goberno galego inviste 6,3 millóns de euros...

Cincuenta parellas compiten este domingo no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo

0
Celebrarase de 11.30 a 19 h no Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle este domingo o VII...

Carmela Silva enxalza en Zaragoza a impotancia da comunicación, participación e implicación da cidadanía...

0
No VI Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable a presidenta insistiu en que “as transformacións teñen que ir da man...

Publicacións Relacionadas