Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, estará no Centro...

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, estará no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante todo o mes de xullo

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, participou na inauguración desta mostra organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia


“Estamos hoxe ante unha mostra sen precedentes en Galicia, xa que reúne a gran parte dos fotoxornalistas en activo de toda Galicia, e a outros tantos xornalistas, por suposto cun protagonismo destacado para aqueles que captan cos seus obxectivos o que pasa cada día en Ourense”, dixo Menor


O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a inauguración da exposición fotográfica “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez, a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez, e o comisario da mostra, Fernando Blanco, foron os encargados de inaugurar a mostra.
Luis Menor afirmou que “estamos hoxe ante unha mostra sen precedentes en Galicia, xa que reúne a gran parte dos fotoxornalistas en activo de toda Galicia, e a outros tantos xornalistas, por suposto cun protagonismo destacado para aqueles que captan cos seus obxectivos o que pasa cada día en Ourense”.
“Recibimos con gran satisfacción esta exposición, que plasma á perfección aquela idea inicial da Asociación de Periodistas de Galicia e do Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, e que hoxe é unha realidade que os ourensáns podemos admirar durante todo o mes de xullo”, engadiu Menor, quen manifestou que “desde a Deputación estamos encantados de contribuir a visibilizar o traballo do fotoxornalismo e do xornalismo, claves da nosa actualidade”.
Pola súa banda, María Méndez, presidenta da APG agradeceu ao presidente da Deputación que abrira as portas da súa institución e do Centro Marcos Valcárcel a esta iniciativa, o que “permitirá aos ourensáns viaxar polas paisaxes, personaxes e acontecementos aos que nos levan estas 73 magníficas instantáneas, aderezadas polas achegas literarias dos xornalistas”.
O comisario da mostra, Fernando Blanco, salientou o esforzo realizado, tanto polo seu colectivo de fotoxornalistas, como pola APG, para levar a bo porto este proxecto que agora se achega ás principais cidades de Galicia, agradecendo especialmente á Deputación de Ourense o seu apoio para que os habitantes desa cidade e desa provincia poidan agora desfrutar da mostra.
“Gracias á xenerosidade dos meus compañeiros”, afirmou tamén Blanco, “acadouse o fito histórico de xuntar a 73 profesionais do fotoxornalismo, dos 100 que traballan neste momento en Galicia, co inestimable reforzo dos textos dos xornalistas que acompañan ás obras”. “Buscamos unha ollada distinta”, rematou, “por que temos que competir coa inmediatez das redes sociais… agardamos que gocedes tanto das fotografías, como nós gozamos facéndoas”.
“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, que acadou máis de 11.000 visitas en Santiago e un notable éxito tamén na súa recente estadía en Pontevedra, estará aberta ao público no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ata o próximo 4 de agosto, en horario de 11,00 a 14,00h e de 17,00 a 21,00h de luns a venres; e de 11,00 a 14,00h, os sábados, domingos e festivos, así como os días 1, 2, 3 e 4 de agosto.
Coincidindo coa apertura da exposición en Ourense, presentouse a publicación “A Galicia inédita”, que reúne o conxunto das fotografías e lendas da mostra. Con introdución do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e prologado polo Premio Nacional de Literatura Alfredo Conde, foi promovida pola APG e polo Colectivo de Fotoxornalistas, contando co patrocinio da Xunta de Galicia.

Relacionadas

O programa das festas da Ponte contará cunha ampla animación musical

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 o sábado 27 de xullo Desde o mércores 24 o barrio da Ponte e toda la cidade de...

O Comité político-técnico do transporte metropolitano convida aos Concellos de Esgos e Nogueira de...

0
O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense activado pola Deputación convidou aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín...

A Xunta de Goberno destina máis de 663.000 euros a axudas sociais e deporte...

0
Aprobouse a resolución de tres concursos para a concesión de axudas a deportistas, proxectos sociais e de igualdade, para os que se habilitan 338.038...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

Dúas conferencias sobre a raíñas e princesas exipcias e sobre as escavacións na tumba...

0
Celebraranse o xoves 18 e o venres 19 de xullo ás 19:00 h, con acceso libre ata completar a capacidade O Museo de Pontevedra volve...

Publicacións Relacionadas