Home Deputacións Deputación Ourense A Mesa de Calidade do Destino Ourense Termal incorpora a 22 novas...

A Mesa de Calidade do Destino Ourense Termal incorpora a 22 novas empresas dentro do SICTED que desenvolve a Deputación a través do Inorde

- Anuncio -

Esta acción forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa a Deputación de Ourense, a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaria de Estado de Turismo

A Sala de Xuntas do Inorde acolleu esta mañá a reunión da Mesa de Calidade de Destino Ourense Termal, presidida polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández e a xestora do mesmo, Emma González.

Na devandita reunión comentouse a situación das entidades que se atopan dentro do proxecto SICTED, para a súa distinción no próximo comité de distinción de decembro do presente ano. Esta acción forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa a Deputación de Ourense, a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaria de Estado do Turismo.

Este ano adheríronse por primeira vez un total de 22 empresas que pertencen ao ciclo 1: Adega Pousadoiro de Castrelo de Miño; Arnoia Caldaria Hotel Balneario; Balneario Caldas de Partovia, o Hotel Xardín e o Restaurante Xardín do Carballiño; Bodega Casal de Arman, Casal de Armán Aloxamento Turístico e Restaurante Sábrego de Ribadavia; Lobios Caldaria Hotel Balneario, Casa MiraXurés e Experiencias Mira Xurés de Lobios; Holograma Salvaje adicado a experiencias de Bande; O Retiro do Conde aloxamento rural e o servizo de restaurante O Segredo do Retiro en Monterrei ademais do Parador de Verín, e o restaurante verinés de Regueiro da Cova. No apartado de servizos de visitas guiadas foron propostos a distinción Genuine Galicia Guías de Turismo, Milhistorias Turismo e fotografía e Pepe Mosquera Cerdeira; e no de axencias de viaxes a división de Genuine Galicia de comercialización turística e Mobify, que tamén participa co servizo de aluguer de vehículos ou embarcacións.

Ademáis, as 28 entidades que xa contaban previamente coa súa distinción SICTED preséntanse para a súa renovación, das cales tres delas pertencen ao ciclo 2: Apartamento A Fonte dous Xudíos, Aparthotel Arenteiro e a Oficina municipal de información turística de Lobios. Por último, os 25 restantes pasan ao ciclo 3 tras superar unha recisión de seguemento: Adegas Celme, Albergue A Rola, Albergue Municipal de Bande, Albergue O Corgo, Apartamentos Outeiro de Cela, Asociación Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa, Camping O Corgo, Casa Gazpara, Casa Idalia, Casa Rectoral de San Pedro, Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Via Nova, Club Nautico de Castrelo de Miño, Cuñas Davia, Experiencia Wellness, Fuchela, SL, Gastrobar O Birrán, Bodegas Cunqueiro, Licores Os Maios, Museo Moncho Borrajo, Servicio turístico, Oficina de Turismo de Monterrei, Oficina de Turismo de Verín, Sala Expositiva Hospital de la Trinidad, Roberto Blanco Rodríguez, Lobios Caldaria Balneario e Arnoia Caldaria Balneario.

Con estas propostas, unha vez sexan refrendadas polo comité Nacional de Distinción, o Destino SICTED Ourense Termal acadaría medio centenar de servizos distinguidos que traballan colaborativamente en diferentes grupos de mellora.

A Deputación de Ourense executa este Plan a través dun ente xestor, o INORDE, que preside a Mesa da Calidade, da que tamén forman parte a Axencia de Turismo de Galicia, a CEO, a Universidade de Vigo, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería, Turismo e Servizos afíns de Ourense, os xeodestinos Celanova-Xurés, O Ribeiro-O Carballiño, Verín-Monterrei, a Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e o clúster de Turismo de Galicia.

O SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) é un proxecto de mellora continua na calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con servizos turísticos con númerosos oficios, co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas