HomeDeputaciónsDeputación Ourense“A música do silencio” de Vidal Souto xa se pode visitar no...

“A música do silencio” de Vidal Souto xa se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participou hoxe na inauguración desta mostra que rende homenaxe ao artista, recuperando a obra inédita que gardaba no seu estudo

A exposición “A música do silencio” do artista ourensán Vidal Souto xa se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 11 de xaneiro de 2026. Unha mostra que rende homenaxe ao artista, recuperando a obra inédita que gardaba no seu estudo.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a comisaria da mostra, Tareixa Taboada; a irmá do artista, María Carmen Vidal Souto; e o director do Centro Cultural, Francisco González, participaron hoxe na inauguración desta mostra.

A Deputación rende homenaxe a Vidal Souto, “un autodidacta que conseguiu converterse nun xigante”, dixo César Fernández. Desde o goberno provincial queremos “contribuír con esta mostra a poñer en valor tanto a súa persoa como a súa obra, cun repaso pola súa traxectoria, co obxectivo de recoñecer aos artistas que conseguiron levar o nome da nosa provincia polo mundo adiante”, engadiu o vicepresidente do goberno provincial.

“A música do silencio” está integrada por obras dos anos 90 ata as súas últimas producións, e inclúe pintura, escultura, acuarelas e litografías, cunha especial mención ás obras de gran formato.

Publicacións Relacionadas