Home Deputacións Deputación Ourense A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento...

A Oficina Termal AVE recibe aos primeiros visitantes e impúlsase como elemento de cooperación co sector balneario

- Anuncio -

Esta instalación pioneira, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, é un espazo con referencias visuais e sonoras aos balnearios, orientado por e para os centros termais da provincia e a súa promoción

A iniciativa será un elemento central nos “Acordos de colaboración sector termal” que impulsará a administración provincial. Desde hoxe farase un seguimento diario en tempo real ao número de visitas á oficina, por franxa horaria

A Deputación de Ourense, a través da súa Área de Benestar, abriu hoxe o público a primeira Oficina Termal nunha estación AVE de España, un espazo deseñado por e para os balneario”. A institución ourensá acordou con ADIF a finais do pasado ano 2024 a apertura desta oficina de información sobre termalismo que xa puideron desfrutar os primeiros visitantes que se achegaron ata as instalacións, unha novidade que causou gran interese na estación por parte dos viaxeiros.

Despois de realizar tódolos os trámites co administrador ferroviario e a posterior adecuación do espazo, situado na propia entrada principal da estación (con acceso desde o vestíbulo central da infraestrutura ferroviaria), a oficina xa é unha realidade que nace co obxectivo de promocionar os balnearios da provincia e o programa de Termalismo social provincial 2025, do que se iniciou recentemente o prazo de solicitudes con récord de inscritos.

A oficina estará a plena disposición dos centros termais, non só para que teñan información dos seus servizos balnearios, senón tamén para que poidan realizar promocións ou eventos na estación.

Recreación dos balnearios

O espazo recrea o ambiente de natureza, de aí que o céspede sexa un elemento con referencias ao entorno verde no que se sitúan os balnearios, complementado con elementos de ornamentación vexetal que xeren atractivo visual e interese por traspasar a porta da oficina, invitación que se ve apoiada no son de auga  que traspasa a entrada e contextualiza o ambiente das piscinas de auga mineromedicinal.

As referencias visuais complétanse con albornoces e sandalias como elementos de decoración e de identificación clara cos balnearios.

Posibilidade de acordos de colaboración

O Termalismo Social vincula á Deputación de Ourense con todos os balnearios da provincia a través dunha exitosa fórmula de cooperación público-privada para favorecer que o maior número posible de persoas poidan ter acceso aos tratamentos terapéuticos administrados polos balnearios, así como ás estancias termais con aloxamento, entre outras modalidades do programa.

O novo convenio da entidade pública cos balnearios da provincia, polo que se desenvolve o Termalismo Social 2025, inclúe este ano a posibilidade de desenvolver acordos de colaboración co sector termal, os centros termais e axentes públicos ou privados que propicien unha promoción recíproca cos balnearios e co termalismo social.

Calquera entidade pública ou privada poderá formular á Área de Benestar da Deputación de Ourense o seu interese por establecer unha promoción conxunta cos balnearios da provincia. Desde o ente provincial avaliarase o interese da proposta e poñerase en coñecemento dos centros termais.

O principio no que se baseará cada acordo será que nos balnearios se promocione á entidade colaboradora a través da posta a disposición de información dixital e de soportes físicos, mentres que a entidade colaboradora con carácter recíproco difundirá nas súas instalacións ou a través dos seus servizos o Termalismo Social e aos balnearios. Ademais, tanto os balnearios como a entidade colaboradora dispoñerán da Oficina Termal AVE como soporte conxunto da promoción.

A Oficina xa estuda futuras colaboracións con axentes vinculados ao termalismo na provincia, que se concretarán proximamente.

Relacionadas

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

Luis López convida a empregar a lingua galega no acto de conmemoración do Día...

0
A Deputación impulsa un certame educativo, con premios valorados en 4.500 euros, para dar a coñecer a obra da poeta galega no que os...

A Deputación aproba o proxecto para a mellora da seguridade viaria na EP-1202 Seixo-San...

0
Os obras, cuxo orzamento ascende aos 610.000 euros e están financiadas integramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses A Deputación de...

A Deputación adxudica por 380.000 euros a mellora da mobilidade peonil na contorna da...

0
O presidente provincial Luis López asegurou que as obras, financiadas ao 100% pola Deputación, “van mellorar a contorna e os espazos públicos no treito...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste ao acto de entrega do Premio Laxeiro...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación...

A Deputación conmemora o Día Internacional do Guía de Turismo abrindo de maneira gratuíta...

0
A institución provincial únese á celebración desta efeméride e as persoas interesadas poderán coñecer esta edificación histórica de xeito gratuíto este venres ata as...

Publicacións Relacionadas