Home Deputacións Deputación Ourense A provincia de Ourense promociónase en BioCultura

A provincia de Ourense promociónase en BioCultura

- Anuncio -

A Deputación de Ourense, a través do Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, está a participar nesta feira cun stand no que participan nove microempresas ou emprendedores de produtos ecolóxicos e ecoturísticos que operan nos concellos que integran os xeodestinos “Trevinca-Valdeorras” e “Terras de Celanova-Serra do Xurés”, xestionados polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración deste evento no que “as pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promocionar os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España”

A Coruña, 1 de marzo de 2024.- A provincia de Ourense está a promocionarse novamente da man da Deputación, a través do Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, na 5ª edición de BioCultura, con nove microempresas ou emprendedores de produtos ecolóxicos e ecoturísticos que operan nalgún dos concellos que integran os xeodestinos “Trevinca-Valdeorras” e “Terras de Celanova-Serra do Xurés” que xestiona o Inorde.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración deste evento no que “as pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promocionar os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España”, explicou Rosendo Fernández.

Nesta ocasión, están no stand da provincia de Ourense promocionando os seus produtos ao longo destes tres días: Adegas Docampo-Gacio (Rubiá), Agrupación Apícola (Barbadás), aloxamento A Pontevella (Carballeda de Valdeorras), Bioca (Petín), Eco dos Teixos (Carballeda de Valdeorras), Quinta Equs (Lobios), Terras Altas de Trevinca (A Veiga), Wildhologram e Xesta Brava (Ramirás).

BioCultura 2024

BioCultura é a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do Estado que se celebra do 1 ao 3 de marzo en EXPOCoruña. Nesta edición, reunirá a máis de 150 expositores dedicados aos sectores de alimentación bio (con máis de 10.000 referencias), ecoturismo, cosmética ecolóxica, moda sustentable, benestar, eco-estilo de vida, artesanías e ONG’s. Ademais, celebraranse máis de 150 actividades e esperan superar os 13.000 visitantes.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 34.000 euros ao Concello do Rosal para a adquisición...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da Lama mellore...

0
Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas dixitais para...

0
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados da actividade que se celebrará o vindeiro martes 23 de abril,...

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

Publicacións Relacionadas