A provincia de Ourense volve a converterse na capital enogastronómica de Galicia con este evento que se celebrará no Mosteiro de San Pedro de Rocas, os días 20 e 21 de outubro
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández destacou hoxe na presentación deste evento, que se celebrará no Mosteiro de San Pedro de Rocas, os días 20 e 21 de outubro, o compromiso do goberno provincial por potenciar “este territorio, candidato a Patrimonio Mundial pola UNESCO”
A novidade desta edición é a creación da categoría “Tapa Gluten Free”, para propostas aptas para o público celíaco, vencellando a gastronomía cos valores de inclusión e benestar
A Ribeira Sacra será o escenario da IV edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia convertendo á provincia de Ourense, unha vez máis, na capital enogastronómica de Galicia coa celebración deste evento no Mosteiro de San Pedro de Rocas, os días 20 e 21 de outubro.
A presentación tivo lugar hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía; o presidente de “Cociña Ourense”, Gerson Iglesias; e o presidente de a Academia de la Tapa y del Pintxo de España, Mikel Martínez, entidade organizadora do evento impulsado pola Deputación de Ourense a través do Inorde.
Ademais, este Campionato tamén permitirá promocionar os viños desta provincia “rica e famosa pola calidade dos caldos da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, cun carácter singular pola súa viticultura heroica.
Pola súa parte, Mikel Martínez destacou que desde a entidade que preside están “moi satisfeitos coa consolidación deste Campionato, que cada ano nos descobre recunchos únicos da provincia de Ourense”. Así como que é “unha marabilla poder promocionar a través das tapas e pinchos a nosa auténtica sinal de identidade”.
Preto de medio cento de cociñeiros de toda Galicia
A cuarta edición deste evento enogastronómico reunirá a preto de medio cento de cociñeiros e cociñeiras de toda Galicia que, coas súas propostas, poñerán en valor a creatividade gastronómica e o produto galego.
A novidade desta edición é a creación da categoría “Tapa Gluten Free”, unha iniciativa que anima aos hostaleiros a deseñar propostas cheas de sabor e aptas para o público celíaco, vencellando a gastronomía cos valores de inclusión e benestar.