Home Deputacións Deputación Ourense A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025,...

A Vía da Prata, obxectivo de promoción turística da Deputación en 2025, con presenza en Fitur, unha nova edición das “camiñatas por etapas” e trazado cicloturista

- Anuncio -

O expositor provincial promove a “multiexperiencia” que ofrece o itinerario xacobeo máis extenso de Galicia, que conta con 200 quilómetros en Ourense e transcorre por 28 concellos

A Deputación repetirá as “camiñatas por etapas”, que en 2024 facilitaron que máis dun cento de usuarios coñecesen o patrimonio da Vía da Prata

En paralelo, a institución provincial continúa a súa aposta por dinamizar outros itinerarios xacobeos, como o Camiño de Inverno e o Camiño de San Rosendo

A Vía da Plata, que rozou os 10.000 peregrinos no ano 2024, será un dos grandes reclamos da Deputación de Ourense na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro. A institución provincial aposta por este itinerario xacobeo entre as actividades de promoción máis destacadas, coa presentación dunha nova campaña sobre a “multiexperiencia” da Vía da Plata na provincia de Ourense. A iniciativa, destinada tanto a público nacional como internacional, presentarase o 22 de xaneiro.

Esta campaña de divulgación da Vía da Plata ourensá enmárcase nas numerosas actividades de promoción que lidera a Deputación de Ourense, co obxectivo de difundir o patrimonio cultural, natural e etnográfico da nosa provincia, a través do tinerario xacobeo máis extenso en Galicia, que conta con 200 quilómetros na provincia de Ourense e transcorre por 28 concellos.

Neste sentido, o presidente provincial, Luis Menor, celebra o crecemento do 13% de peregrinos que apostaron en 2024 pola Vía da Plata. “Ademais, máis da metade dos camiñantes comezaron a súa ruta dende Ourense, o que certifica a boa acollida deste itinerario, tanto entre os usuarios nacionais como en estranxeiros, que elixen unha ruta chea de tesouros por descubrir”.

A campaña que se presentará en Fitur súmase a outros proxectos como o Camiño por etapas, promovido pola Deputación de Ourense o ano pasado, a fin de involucrar á poboación local, e que permitiu realizar este itinerario xacobeo en cinco domingos por tramos de aproximadamente 20 kilómetros. Máis dun centenar de usuarios, procedentes de diferentes concellos, apostaron por esta nova forma de facer o Camiño, pola que a Deputación seguirá apostando en 2025, con transporte e guía.

Volven as camiñatas por etapas

Neste sentido, as rutas por etapas volverán a activarse próximamente. A previsión é que se inicien desde A Canda (punto de entrada do Camiño en Galicia e na provincia de Ourense), estruturando as saídas en nove etapas, que se desenvolverán en primavera e outono.

Ademais, no marco destas peregrinacións por etapas, programaranse actividades que permitan aos participantes coñecer a cultura, o patrimonio e as tradicións dos municipios que atravesa a Vía da Plata.

Proposta de trazado cicloturista

A todas estas iniciativas, hai que engadir que se está ultimando a proposta de trazado cicloturista para a Vía da Plata, así como a dotación de infraestrutura e servizos para “bicigrinos”. que se presentará no primeiro trimestre do ano.

Ademais, o 2024 pechouse con éxito na campaña de promoción da Vía da Plata nas estacións de tren de Alta Velocidade de Madrid e Alicante, campaña que logrou cinco millóns de visualizacións.

Promoción doutros itinerarios

Na aposta da Deputación por dar a coñecer os recursos da provincia, continuase coa aposta de dinamizar outras rutas xacobeas.

Respecto ao Camiño de Inverno, realizáronse varias accións de difusión desta ruta como un dos principais recursos patrimoniais de Valdeorras. A través do Inorde, elaborouse un monográfico do xeodestino, publicado na revista Turismo Rural, e presentouse o itinerario a operadores especializados en foros profesionais como Intur, en colaboración coas empresas que conforman a oferta turística da comarca nos catro municipios próximos ao Camiño (Carballeda, O Barco, Vilamartín e A Rúa).

Por outra banda, a Deputación ten encargado un proxecto de valorización e sinalización do Camiño de San Rosendo. O documento, redactado por arqueólogos e expertos en patrimonio, xa se ten presentado nos concellos que atravesa o itinerario, a fin de solicitar as autorizacións precisas. Tamén se teñen realizado accións de difusión en feiras especializadas.

Desde a Deputación tampouco se esquece a promoción do Camiño Miñoto-Ribeiro, que conecta o norte de Portugal con Santiago, recoñecido xa pola Igrexa e que tamén permite obter Compostela

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

A Deputación impulsa a ampliación e a mellora da seguridade do acceso ao balneario...

0
O obxectivo principal é construír un muro de contención no camiño que dá entrada ao recinto, fomentando así unha mobilidade sostible a pé por...

A Deputación adica 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias...

0
Personifica esta campaña Julia Vázquez Álvarez, residente de As Mamoelas (A Bola), primeira muller da zona en sacar o carné de conducir, ferramenta que...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova...

0
O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais O presidente...

Publicacións Relacionadas