A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra asistiu hoxe na Sede da Fundación Laxeiro ao acto de entrega do Premio Laxeiro 2025, organizado pola fundación homónima, de cuxo Padroado é membro Luisa Sánchez. O galardón foi concedido este ano a título póstumo á pintora Beatriz Rey Gómez-Guiitián (1939-2024), coñecida como Bea Rey, como recoñecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso coa renovación da arte galega.