A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á presentación do ciclo de conferencias Fórum-IEV 2025

adminON
Lectura mínima de 1

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores en Vigo á presentación do novo ciclo de conferencias Fórum-IEV 2025 organizado polo Instituto de Estudos Vigueses. No acto, que tivo lugar no Salón-Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, deuse a coñecer a programación deste ano, baixo o título “Vigo, sinais de identidade”. A programación, que tamén inclúe concertos ou paseos guiados e en barco, afonda na percepción da paisaxe e o territorio de Vigo, os seus ecosistemas e o seu nome.

Comparte este artigo