A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta asociación que desenvolve o seu traballo con familias con fillos e fillas en tratamento na Unidade Oncolóxica Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil. O acto contou coas actuacións de Cé Orquestra Pantasma, a Escola de Danza Media Punta, o mago Xulio Merino e A Sombra dos Soños e o recadado será destinado aos programas de axuda e atención á infancia oncolóxica de Bicos de Papel.