Home Deputacións Deputación Pontevedra A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación das Seleccións Galegas de Balonmán

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación das Seleccións Galegas de Balonmán

- Anuncio -

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na Cidade da Cultura na presentación das Seleccións Galegas de Balonmán que representarán a Galicia entre o 3 e o 8 de xaneiro no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará en Cataluña. No evento déronse a coñecer os integrantes das seleccións masculinas e femininas infantil, cadete e xuvenil, aos que a vicepresidenta animou e desexou sorte “para que poidamos celebrar con todos e todas vós os vosos resultados, non teño dúbida de que o daredes todo de vós mesmos e de que gozaremos enormemente do voso desempeño porque ides demostrar #ANosaEsencia”, en alusión ao lema empregado pola Federación Galega de Balonmán.

Luisa Sánchez desexou que os e as deportistas “antepoñades a ilusión e o orgullo de formar parte da marca ‘Con Selo Galego’ á presión que pode supoñer ser papel de embaixadores e embaixadoras”, e animounos a “contaxiarvos das esperanzas que temos as arredor de mil persoas que estamos neste acto, e das nosas enerxías positivas, para que cheguedes o máis alto posible no Campionato. Independentemente do resultado”, sinalou, “imos estar moi orgullosos do voso traballo”.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas