Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Xunta de Portavoces acorda que a Deputación se sume a dúas...

A Xunta de Portavoces acorda que a Deputación se sume a dúas declaracións institucionais, adicadas ás mulleres rurais e á infancia, respectivamente

- Anuncio -

Os voceiros dos grupos políticos acordaron por unanimidade que a Deputación se adhira ás declaracións da FEMP (“15 de octubre, Día Internacional de las Mujeres Rurales”) e da FEGAMP (“20 de novembro, Día Mundial da Infancia 2024”)

A Deputación vén de ratificar a súa adhesión a senllas declaracións institucionais: á da FEMP titulada “15 de octubre, Día Internacional de las Mujeres Rurales”; e á da FEGAMP titulada “20 de novembro, Día Mundial da Infancia 2024”.

Este acordo por unanimidade adoptouse en xunta de portavoces, na que participaron o presidente provincial, Luis Menor Pérez, presidente tamén da Xunta de portavoces; Ana Patricia Torres Madureira, portavoz do grupo provincial do PP; Álvaro Vila Araujo, portavoz do grupo provincial do PS de G-PSOE; Bernardo Varela López, portavoz do grupo provincial do BNG; e Rafael Martínez Cachafeiro, portavoz do grupo provincial de DO. O secretario xeral da Deputación, Juan Marquina Fuentes, foi o responsable de dar fe do acto.

Día Mundial da Infancia

O texto proposto pola FEGAMP promove que o Día da Infancia sirva para reivindicar e focalizar as accións de protección fronte á violencia cara a prevención, e involucrando como axentes activos na súa propia protección aos propios, nenos, nenas e adolescentes.

Así, proponse a realización do Artigo 19 da Convención sobre os Dereitos do Neno, co compromiso de impulsar todas as medidas lexislativas, administrativas, sociais e educativas apropiadas para protexer á infancia contra toda forma de prexuízo ou abuso físico ou mental, descoido ou trato neglixente, malos tratos ou explotación, incluído o abuso sexual. Tamén contempla avanzar na posta en marcha a nivel local da Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia. O compromiso abrangue sensibilizar, formar, establecer espazos comunitarios, involucrar a nenos, nenas e adolescentes, familias e coidadores e cidadanía en xeral na prevención da violencia. Tamén se impulsará a realización de actividades deportivas, culturais, educativas, de lecer e tempo libre, dirixidas á infancia, asegurando contar nelas coas políticas de salvagarda axeitadas. A declaración recolle tamén a seguridade de que os profesionais de servizos sociais, infancia, deportes, educación, saúde, corpos e forzas de seguridade locais, cultura, etc., realicen accións coa infancia, nas cales poidan detectar posibles casos de risco de violencia e contar coa formación e ferramentas adecuadas para abordar estes posibles casos.

O texto asegurará tamén que os nenos, nenas e adolescentes, reciban información e formación para autoprotexerse ante posibles casos de violencia e que se lles teña en conta á hora de aportar propostas vinculadas coa prevención da violencia. Neste senso, proveerase ás familias, pais, nais e coidadores, ferramentas e apoio en diferentes etapas da crianza, para o exercicio das súas funcións parentais. Por último, realizaranse campañas dirixidas á poboación local que contribúan a superar a visión social permisiva ante certos tipos de violencias contra a infancia.

Mulleres Rurais

No que atinxe á declaración institucional con motivo do Día das Mulleres Rurais, o texto da FEMP recolle o compromiso de promover políticas que faciliten o acceso en igualdade a recursos e servizos para as mulleres rurais, asegurando a súa participación en pé de igualdade na vida económica; e estimular o equilibrio nos usos do tempo entre as mulleres e homes. Tamén contempla o compromiso de realizar iniciativas de emprendemento e apoiar as que fomenten a educación e formación profesional das mulleres no ámbito rural, garantindo que poidan liderar e beneficiarse de innovacións na agricultura e outros sectores rurais; garantir desde a Administración Pública os servizos de atención sanitaria, educación e protección contra a violencia de xénero, colaborando con organizacións non gobernamentais e o sector privado, para dar voz ás necesidades específicas das mulleres rurais nestes servizos. Por último, o texto da declaración institucional contempla promocionar programas de capacitación que permitan o acceso ás novas tecnoloxías, así como, facilitar as ferramentas e o apoio á información e a formación que facilite a participación no mundo dixital das mulleres no mundo rural.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra supervisa as estradas provinciais ao seu paso por Ribadumia e...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de supervisar xunto co alcalde de Ribadumia, David Castro, o estado das estradas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na inauguración do Congreso Acción e Implicación de Empresarias...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá no acto de inauguración da oitava edición do congreso Acción e Implicación, de...

A Deputación afondará sobre a madeira como soporte de bens culturais na 13ª edición...

0
A cita anual de referencia organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebrarase...

A Deputación financia con 24.000 euros cinco proxectos de investigación da Universidade de Vigo...

0
Os recursos enmárcanse na Cátedra de Feminismos 4.0 que promoven a institución provincial xunto coa universidade. Catro dos proxectos están liderados por persoal investigador...

Luis López destaca que os 3,7 M€ investidos pola Deputación nas instalacións deportivas de...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, lembrou que a aposta provincial inclúe a inaugurada pistas de atletismo, a construción dun...

A Deputación destina máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen...

0
A vicepresidenta Luisa Sánchez reunise coa Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, que recibiu unha axuda de máis de 1.200 euros para realizar...

Publicacións Relacionadas