As clases comezarán o 1 de outubro e como novidades nesta tempada haberá patinaxe artística, minibalonmán e kárate
As Escolas Deportivas 2025/2026 que se desenvolverán no Pazo dos Deportes Paco Paz teñen xa aberto o seu prazo de inscrición.
Estas actividades deportivas, dirixidas aos nenos e nenas da provincia de entre 3 e 17 anos e que comezarán o 1 de outubro, contarán con novidades esta tempada: patinaxe artística, minibalonmán e kárate, que se suman ás disciplinas de fútbol sala, tenis de mesa, baloncesto, psicomotricidade, remo indoor, volei, breaking, kung-fu, iniciación á ximnasia, así como bailes, nas súas modalidades kids e junior.
As persoas interesadas en inscribirse, poden facelo de xeito online (https://pazopacopaz.es/inscricion-pazoescolas-deportivas/) ou no Pazo dos Deportes Paco Paz.