test
Home Deputacións Deputación Ourense Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de xuño de 2024

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de xuño de 2024

- Anuncio -

A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, no que se trataron e aprobaron os seguintes asuntos.
Cambio de data do pleno de xullo
Acordouse cambiar a data da sesión do pleno ordinario do mes de xullo para o día 24 de xullo de 2024, mércores, ás 10.00 horas. As comisións informativas non se ven afectadas, e terán lugar o día 17 do mes de xullo de 2024.
Conta xeral da Deputación
O Pleno aprobou as seguintes contas xerais da institución provincial do exercicio 2023:
Conta Xeral da Deputación de Ourense do exercicio 2023:
· Resultado orzamentario axustado: 18.920.915,41 €
· Remanente de tesourería para gastos xerais: 74.057.588,07 €
· Balance de situación: 2.205.796.793,30 €
· Resultado económico patrimonial: – 75.017.435,59 €

Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2023:
· Resultado orzamentario axustado: 550.557,08 €
· Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.529.351,02 €
· Balance de situación: 15.298.724,34 €
· Resultado económico patrimonial: – 662.217,96 €

Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2023:
· Resultado orzamentario axustado: 21.453,56 €
· Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.433.819,01 €
· Balance de situación: 6.843.941,27 €
· Resultado económico patrimonial: – 598.976,29 €

Conta Xeral do Consorcio de Augas de Valdeorras do exercicio 2023:
· Resultado orzamentario axustado: 265.235,12 €
· Remanente de tesourería para gastos xerais: 179.997,36 €
· Balance de situación: 784.970,96 €
· Resultado económico patrimonial: 491.160,62 €

Modificación de crédito
Aprobouse inicialmente o expediente de modificación de crédito por importe de 50.000 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais, que serán destinados ao Club Deportivo Náutico de Castrelo de Miño para gastos de xestión e funcionamento.
Tamén se incluíu unha modificación das bases dentro das cales se desglosa o financiamento para os xeriátricos quedando do seguinte xeito: 170.144 euros para a construción fogar residencial da Gudiña, 205.000 euros para a construción da residencia da terceira idade da Teixeira, 103.320 euros para a construción dunha residencia de maiores de Laza, 238.620 euros para a obra de construción dunha residencia de maiores e coordinación e dirección de obra de Piñor, 102.500 euros para cofinanciar a residencia da terceira idade de Trasmiras, 32.713 euros para a construción dunha residencia de maiores de Xunqueira de Ambía, e unha axuda de 132.407 euros para as obras da residencia da terceira idade dos Blancos.
Así mesmo, xa se comprometeron as achegas que realizará a Deputación de Ourense no ano 2025 para estas mesmas finalidades que se formalizará nos vindeiros orzamentos.
Convenios de cooperación para campos de fútbol
Aprobáronse seis convenios de cooperación entre a Deputación e os concellos de Arnoia, Amoeiro, Cartelle, Trives, Toén e Lobios, para financiar obras en diversos campos de fútbol.
Arnoia
Para as obras neste campo de fútbol destinarase 464.215,00 euros, dos cales a Deputación achegará 417.793,50 euros e o Concello os 46.421,50 euros restantes.
Amoeiro
Para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol da Penafita, destinarase un orzamento de 474.447,29 euros, dos cales a Deputación achegará 427.002.56 euros e o Concello os 47.444,73 euros restantes.
Cartelle
As obras teñen un orzamento de 384.390 euros, dos cales a Deputación achegará 345.951 euros e o Concello os 38.439 euros restantes.
Lobios
Para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol de Lobios destinarase un orzamento de 398.002,60 euros, dos cales a Deputación achegará 358.202,34 euros e o Concello os 39.800,26 euros restantes.
A Pobra de Trives
Para a reforma do campo de fútbol O Agro destinarase un orzamento de 500.000 euros, dos cales a Deputación achegará 450.000 euros e o Concello os 50.000 euros restantes.
Toén
Para o novo campo de fútbol municipal de herba artificial destinarase un orzamento de 500.000 euros, dos cales a Deputación achegará 450.000 euros e o Concello os 50.000 euros restantes.
Programa cooperación BenOurense Persoal Técnico
O pleno tamén aprobou inicialmente das bases reguladoras do Programa de cooperación BenOurense Persoal Técnico para o exercicio 2024. O obxecto deste programa cínguese á programación detallada das accións de asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos. Tamén se inclúen ás mancomunidades intermunicipais que xestionen servizos sociais dun conxunto de municipios con menos de 20.000 habitantes.
Este programa refírese á:
Acción 1ª: asistencia económica, co obxecto de garantir o financiamento aos concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes para a contratación ou nomeamento de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ao de traballador/a social .
Acción 2ª: asistencia técnica e xurídica en materia de servizos sociais, complementaria da asistencia económica. Esta prestación levarase a cabo por persoal da Área de Benestar da Deputación, consistindo na emisión de informes técnicos e xurídicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase de xeito prioritario ás entidades locais correspondentes a áreas rurais de menos de 5.000 habitantes e rurais de alta dispersión.
A Deputación destinará para este programa un orzamento de 299.511 euros. Os interesados en adherirse poden presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP do extracto desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Convenio cooperación Residuos Sólidos Urbanos
Aprobouse o convenio marco de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para que a Deputación preste, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, o servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia local nos municipios que se adhiran.
Os concellos delegan na Deputación o exercicio da totalidade das competencias municipais de ordenación, xestión e prestación do servizo de recollida de residuos competencia local, incluídas as competencias sancionadoras en materia de residuos que lles correspondan aos concellos.
Dominio público viario
O pleno aprobou, logo de obter o ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia, a revisión de oficio dunha resolución sobre a autorización dun cruzamento do dominio público viario no concello de Coles.

MOCIÓNS
Fondos Next Generation
Acordos:
Instar ao Goberno de España a que cambie o modelo aplicable no reparto dos fondos Next Generation para que poidan chegar a todos os concellos mediante unha distribución en base a criterios obxectivos, tales como a dispersión e o envellecemento da poboación, facendo unha discriminación positiva dos mesmos.

Contando que se atenda o cambio no modelo de reparto dos fondos en base a criterios obxectivos, instar ao Goberno de España a unha ampliación do prazo de solicitude e xustificación dos mesmos, para poder levar a cabo a totalidade dos proxectos.

Axuda humanitaria para Gaza
Acordos:
1.- Que os grupos políticos representados na Deputación de Ourense subscriban unha declaración de solidariedade coa situación de desleixo e sufrimento do pobo palestino, instando ao Estado de Israel a poñer fin de xeito inmediato ao asedio e bombardeos indiscriminados sobre poboacións civís, e para que se levante o bloqueo á Franxa de Gaza para o subministro de produtos básicos e a entrada de axuda humanitaria.

2.- Instar á Deputación de Ourense a axudar e coordinar iniciativas de recollida de axuda humanitaria entre concellos e organizacións da provincia, poñendo os medios ao seu dispor para a recollida dos aportes, dispoñendo de centros de recollida e almacenamento e facilitando o transporte para poñer as achegas en mans de instancias, axencias e organizacións habilitadas -nomeadamente a Cruz Vermella, que dispensa axuda humanitaria sobre o terreo a través da Media Lúa Vermella, pero tamén con aquelas outras que operen directamente con Gaza- para conducir as achegas ata os damnificados palestinos.
Declaración da Deputación de solidariedade co pobo Palestino
O Pleno aprobou unha declaración de solidariedade co pobo Palestino dada a situación humanitaria actual que se esta a dar en Gaza, manifestado a súa “consternación pola perda sen precedentes de vidas civís e pola situación humanitaria, que é crítica” e pide “unha pausa humanitaria inmediata que dea pé a un cesamento do fogo duradeiro, á liberación incondicional de todos os reféns e á prestación de axuda humanitaria”.
A Deputación de Ourense pide o acceso humanitario pleno, rápido, seguro e sen trabas a toda a franxa de Gaza por todas as vías, que é fundamental para proporcionar á poboación civil asistencia vital e servizos básicos a gran escala.
Acolle con satisfacción a iniciativa de Amalthea, que abre un roteiro marítimo para a axuda de emerxencia desde Chipre a Gaza. Tamén condena coa máxima firmeza a Hamás polos ataques terroristas brutais e indiscriminados que esta organización cometeu en distintos lugares de Israel o 7 de outubro de 2023.
A Deputación de Ourense declara que a seguridade e o benestar dos reféns e motivo de grave preocupación e pide a Hamás e a outros grupos armados que concedan inmediatamente acceso humanitario a todos os reféns restantes.

Mina Penouta
Acordos:
1.- Instar á Deputación de Ourense a situarse a carón dos traballadores da Mina de Penouta nestes delicados intres, facilitándolles asesoramento e atención, e avaliando diferentes pistas de axuda ao seu encontro, que poidan ser susceptibles de paliar a difícil situación que están a atravesar a consecuencia da confirmación xudicial da paralización da actividade da explotación.
2.- Instar á Deputación de Ourense a que esixa á Confederación Hidrogrífica Miño-Sil e a Augas de Galicia a realización de exhaustivas análises sobre a realidade das condicións hídricas na entorna da Mina de Penouta, identificando a natureza dos metais pesados presentes e os seus niveis nos leitos fluviais que poden ter un impacto directo sobre determinadas poboacións da comarca de Viana.
3.- Instar á Deputación de Ourense a que demande da Xunta de Galicia a elaboración dun estudo en profundidade sobre a realidade e potencialidades do sector mineiro na provincia, que inclúa o estado de cousas actual das concesións e dereitos mineiros con vistas á actualización e reordenación do sector, pero tamén para gozar dunha meirande transparencia e facer a información accesible á poboación.
4.- Á luz do seu potencial que, ben xestionado, está chamado a incidir de xeito directo no desenvolvemento e benestar da provincia, instar á Deputación de Ourense para implementar un grupo de traballo dirixido valorar o potencial da economía dos minerais raros, que comprenda a todas as partes interesadas, incluíndo á Xunta, concellos afectados, grupos políticos con representación na corporación provincial, universidade, empresa e expertos; con vistas a aproveitar, de xeito sustentable e respectuoso co medio ambiente, as oportunidades ofrecidas pola economía dos minerais raros.
Instituto en Barbadás
Acordos:

  1. Esixir da Xunta de Galiza que nos orzamentos do ano 2025 figuren as partidas acaídas para acometer a realización do proxecto de construción do instituto de Barbadas.
  2. Tendo en conta que a maior parte do alumnado do IES Ferro Couselo reside no concello de Barbadas, que a Xunta de Galicia programe novos usos públicos (de ser o caso) para este centro educativo.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

Luis Menor visita o Clínic de Baloncesto organizado pola Deputación

0
O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta tarde unha visita ao Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde comezou o Clínic de Baloncesto, organizado pola...

A Deputación aproba o expediente para a posta en marcha de “Lecer en familia”,...

0
Luis López: “Este programa, dirixido a familias con, polo menos, un menor ao seu cargo e con residencia na provincia, busca reforzar lazos familiares...

A Deputación concede preto de 70.000 euros a Caldas de Reis para mellorar as...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 3,8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación únese á Xunta e ao norte de Portugal para defender a conexión...

0
Luis López: “Esta provincia precisa un transporte como corresponde a estas alturas de século XXI, xa non só co resto do país, senón tamén...

Publicacións Relacionadas