O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este domingo no Campo da Festa de San Pedro de Mor, en Alfoz, no 60 aniversario da Festa dos Choferes, unha cita que conta cunha achega económica da institución provincial de algo máis de 9.000€. O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

