Arranca Lugo Debate con máis de 200 estudantes galegos e o apoio da Deputación

Redacción
Lectura mínima de 1

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na inauguración do Torneo Lugo Debate, que desde hoxe e ata o sábado reúne na capital lucense a máis 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia. A institución provincial achega 10.000€ á organización destas competicións que converten a capital lucense nun gran punto de encontro académico e cultural, fomentando a educación, a colaboración e a excelencia na oratoria.

Rivera Capón deu a benvida aos participantes e destacou a importancia deste encontro, que apoiamos dende a Deputación porque son espazos “onde se forman persoas capaces de pensar con criterio, de escoitar con atención e de participar dunha maneira máis consciente na sociedade”. As competicións desenvolverase en Relacións Laborais, mentres que a final terá lugar no Círculo das Artes.

Comparte este artigo